Olá,
Deixo unha nova publicada onte por se hai xente interesada en
formación técnica en GNU/Linux con Certificacións LPI.
En breve abrirase o prazo de matrícula.
###
TEGNIX xa é LPI ATP, acrónimo de Linux Professional Institute Approved
Training Partner. Como Centro Oficial Asociado impartiremos cada un
dos niveis formativos da LPI para que o alumnado poida acadar as súas
diferentes certificacións profesionais.
LPI Inc constitúese formalmente como unha organización sen ánimo de
lucro en outubro de 1999. LPI é recoñecida en todo o mundo como a
primeira organización certificadora, ata o punto que varias empresas
especializadas en Software Libre e Código Aberto basean as súas
correspondentes certificacións nas que ofrece a LPI.
TEGNIX está a preparar esta oferta formativa tanto presencial en
grupos reducidos como a distancia, con certificacións individuais ou
as tres á vez a través dun curso superior, no centro de formación de
Vigo ou con aula móbil, etc. Primarase sempre os aspectos técnico e
práctico para que o alumnado dispoña dunha sólida formación
especializada en Administracións de Sistemas GNU/Linux.
Polo de agora deixamos aberta esta conta de correo-e (info(a)tegnix.com)
para quen desexe máis información ou realizar unha pre-reserva de
praza.
http://www.tegnix.com/content/certificacions-lpi-en-tegnix
###
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>