chegoume un correo-e co seguinte contido:
AMHÁRICO: Colaboracións
Andamos a buscar colaboracións na elaboración de materiais sobre a
lingua amhárica (ou amariñña), a lingua oficial de Etiopía, que poden
ser de dous tipos:
1) Persoas con algúns coñecementos de lingüística descritiva que
queiran colaborar de balde (a cambio das grazas, e da posibilidade de
aprender cousas sobre unha nova lingua e sobre un sistema de escritura
único) xunto cos alumnos de Tipoloxía Lingüística na tradución e/ou
síntese de introducións á lingua amhárica, e na informatización de
textos en amhárico, na súa glosa e na súa (para)tradución.
2) Persoas que quizais teñan (ou saiban de quen ten) materiais que
poidan ser útiles para o estudo e aprendizaxe do amhárico.
Interésannos sobre todo coleccións de textos bilingües (en amhárico e
calquera outra lingua) e moi especialmente textos infantís (cancións,
contos, etc...)
Este traballo é orixinariamente unha iniciativa da asociación Menoria
(
http://www.menoria.org) que pediu á Universidade axuda para poder
aprender sobre a lingua dos seus fillos adoptados de orixe etíope. Os
resultados a que houber lugar serán postos á libre disposición de
todos os interesados.
Por favor, quen poida e queira colaborar contacte con:
José M. García-Miguel
(Lingüística Xeral)
Correo-e: gallego(a)uvigo.es
Despacho: FFT C55
Pensar na posibilidade de facer unha páxina web. Colaboracións que
poden ser útiles:
-Servizo de Publicacións
-Centro de Linguas
-Galpón + GRUVI
====
Si alguén se anima a colaborar na creación dunha páxina web ou xestor
de contidos tipo Drupal Joomla ou similar que contacte conmigo e vemos
a mellor forma de artellar esta colaboración de GALPon con este
proxecto.