A partir de hoxe abrese o prazo para a presentación de relatorios e obradoiros
para as "II Xornadas de software libre na USC" que terán lugar O 19, 20 e 21
de setembro deste ano nas Universidade de Santiago.
Estas xornadas están organizadas pola "Asociación de Usuarios de Linux da
Universidade de Santiago de Compostela, Aulusc" xunto co "Grupo de Usuarios
de GNU/Linux da Galiza, Glug".
As Xornadas de Software Libre na USC naceron como un evento de referencia para
a intercolaboración dos LUGs galegos, co obxectivo de intercambiar
experiencias, presentar relatorios e obradoiros referentes ao Software Libre.
Este ano, igual que o anterior, a temática principal versará sobre redes en
GNU/Linux e outros sistemas libres, aínda que está aberta a calquera outra
proposta de interese.
Os principais temas de interese son os seguintes:
* Servizos de redes: servidor de correo, DNS, Web, compartimento de
ficheiros, autenticación,...
* Balanceo de carga en redes
* Seguridade en redes: securitización dun servidor ou servizos, IPTables,
VLANs, seguridade en redes sen fíos,...
* Tecnoloxías de redes: redes WiFi, WiMax, UMTS/HSDPA,...
* Instalación e configuración de Clusters.
* Ferramentas de virtualización: Xen, QEMU,...
* E outros que se vos ocurran sobre a mesma temática.
Sobre o formato dos traballos existen dúas posibilidades: obradoiros e
relatorios. Os obradoiros deberán ter un carácter práctico cunha duración de
entre tres e catro horas. As propostas de obradoiros deberán especificar os
requisitos de hardware e software precisos ou aconsellables para a sua
realización. Os relatorios terán unha extensión de dúas horas
aproximadamente.
O prazo para presentar as contribucións nos temas de interese mencionados
abrangue dende o 15 de xullo ata ó 26 de agosto do 2007. Estas contribucións
poderán ser enviadas o seguinte enderezo de correo, secretario(a)glug.es (co
título da mensaxe "Proposta para as II Xornadas USC").
A selección dos traballos estará baseada na novidade e calidade do traballo e
na adecuación aos tópicos de interese, intentando promover a participación de
tódolos LUGs.
Atentamente, o Comité Organizador.
Xullo 2007, Santiago de Compostela
Entidades Colaboradoras:
* Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de
Compostela
* Centro de Supercomputación de Galicia
* Consellaría de Innovación e Industria
Nova orixinal:
http://www.glug.es/node/2361/
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>