Ben, isto é o que aparece na paxina webo de Sun:
http://www.sun.com/third-party/global/oracle/ , é dicir, que de facto
está mercada. Bueno, tampouco é que me importe gran cousa.
O que quería dicirlle ao compañeiro isaac1024 é que o problema que hai
con Java non é a nivel de driver nin de módulo pra desencriptar a
tarxeta, e agradecerlle a resposta, claro está.
O soporte que o(s) goberno(s) proporciona(n) para GNU/Linux é patético,
tendo en conta que hai unha lei QUE OBRIGA Á INTEROPERABILIDADE. Ademais
de non facer libres os módulos de encriptación (cousa que xa me parece
unha aberración, tratándose do goberno que pagamos todos e que se supón
que nos temos que fiar.
Que os bancos empreguen Java para autenticarse, vale, que empreguen o
que lles dea a gana. Deberían respectar aos usuarios, pero......qué lle
vas pedir a un banco!
Pero que servizos como o do concello de Vigo non garantan a
interoperabilidade me parece aberrante.
A próxima xuntanza do Galpon, podia ser.....no salón de plenos do
concello!
Eu teño o DNIe funcionando á perfección no Ubuntu 9.10 e nun Debian
Lenny. O problema é exclusivamente da máquina virtual Java. Pero vexo
que polo de agora non hai solución que valga para aquelas páxinas q o
empreguen.
Saudos.