---------- Mensaje reenviado ----------
Subject: [LUGS] Aprobación do documento de accións
Date: Jueves, 13 de Abril de 2006 12:23
From: Miguel <miguel(a)glug.es>
To: lugs(a)linux-galicia.org
Boas,
A estas alturas xa sabedes todos que temos un documento colaborativo (
http://glug.es/documento_guls ) que queremos entregar a Xunta na próxima
xuntanza. Esta xuntanza posiblemente sexa antes de rematar este mes polo que
falamos no encontro con Marcelo Branco. Como xa non queda moito tempo
gustaríame coñecer a vosa opinión sobre o documento de Accións (
http://glug.es/accions ), que é o que posiblemente está máis avanzado.
Cousas como que queredes mellorar, se ten o apoio de todalas asociacións ou
algunha está en contra. Se non se di nada en contra, supñemos que estamos
todos a favor e apoiamos este documento.
Copiovos o texto:
-----------------------------------------------------------
Accións para potenciar unha sociedade do coñecemento na Galiza
- O goberno debe facer unha aposta clara e decidida polos aplicativos
e formatos abertos e libres. Non basta con boas intencións deixando a
entender que se vai migrar todo a un marabilloso sistema libre. O que
pedimos é que se especifique claramente o período de tempo en que se
espera ter a maioría dos sistemas funcionando con aplicativos e formatos
libres. Por exemplo, algo coma «nesta lexislatura teremos o 40%, en 6 anos o
80 %, e na seguinte lexislatura estaremos por riba do 90%».
Todo desenvolvemento de software feito para a administración debe ser
licitado baixo unhas condicións nas que a Administración e o resto dos
galegos poidan copiar, usar, modificar, distribuir libremente estos
programas (básicamente as liberdades que se entenden debe ter o
SoftwareLibre<http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html>)l>).
Un exemplo a seguir é a seguinte Orde da Junta de Andalucía para facer
público todo o código dos programas mercados pola
Administración<http://www.andaluciajunta.es/Moderniza-Dos/archivos/documentos
/doc_142.pdf>
Repositorio co Software da Junta de
Andalucía<http://www.juntadeandalucia.es/repositorio/softwaremap/trove_list.p
hp>
Na Galiza é algo moi lamentable ver como unha consellería, por exemplo, paga
unha considerable cantidade de diñeiro por o desenvolvemento dun aplicativo
e un par de meses mais tarde a do lado volve a pagar outro tanto por un
programa prácticamente idéntico. Por exemplo, o proxecto
Platega<http://www.edu.xunta.es/siega/platega.htm>debería ser liberado
como Soft. Libre.
Unha iniciativa deste tipo suporía un pequeno gasto ó comezo, pero a longo
prazo sería un gran aforro. E se ademais se chega a algún acordo de
colaboración co resto das autonomías que sigan o modelo, isto suporía un
avance moi importante.
-
Chegar a acordos de colaboración con outras comunidades autónomas que
xa estén traballando en proxectos de software libre como distros para
educación, para a administración, repositorios de programas libres, etc...
Lista dalgunhas Comunidades/Proxectos de interese.
- Extremadura - GNULinex <http://www.linex.org/>
- Andalucía - GuadaLinex <http://www.guadalinex.org/>
- Castilla la Mancha - Molinux <http://www.molinux.info/>
- Madrid - Max <http://www.educa.madrid.org/web/madrid_linux>
- Valencia - Lliurex <http://lliurex.net/>
Ditos acordos permitirían aunar esforzos e compartir gastos de mantemento de
servidores, ditos acordos poderían permitir que en troques de ter que facer
unha distro dende cero ou realizar o mantemento da distro completa
poderíasen reutilizar o sistema base e que se realizasen os traballos entre
tódalas comunidades coas que se chegase a un acordo distribuindo o traballo
e que cada comunidade se encargase da localización ( traducción do sistema
base e aplicacións básicas, persoalización do escritorio, etc... )
puidéndose incluso apoiar o sistema base nunha distro xeneralista coma
puidesen ser Ubuntu <http://www.ubuntu-es.org/>,
Suse<http://www.novell.com/es-es/linux/suse/>e/>,
Red Hat <http://www.redhat.es/> ou
Debian<http://www.debian.org/index.es.html>entre outras.
- Dispor das ferramentas lingüísticas libres básicas, como poden ser
un *"corrector ortográfico e gramatical"* e un *"tesauro"* na
normativa oficial do galego, que se poidan utilizar nunha suite ofimática
libre e multiplataforma como a OpenOffice <http://es.openoffice.org/>.
Tamén sería moi útil que estas ferramentas, ademais de ser licenciadas
como software libre, sexan o suficientemente flexibles para poder ser
adaptadas facilmente para ser utilizada en calquera outro aplicativo.
- Ensinar ós mestres: A Comunidade de
Valencia<http://www.gva.es/jsp/xper.jsp>ven de anunciar un acordo para
que os futuros mestres teñan acceso a módulos
de formación do s.o. Lliurex <http://lliurex.net/home/> para que así
podan utilizalo no desempeño da súa actividade cotián.
-
Sustituir progresivamente ferramentas de traballo propietarias por
alternativas baseadas en software libre. Pódese utilizar neste punto
algunha das tablas de equivalencias dispoñibles en internet.
Software Libre vs. Software Privativo
Suite ofimática
MS Office
?<http://www.galpon.org/modules/phpwiki/index.php/OpenOffice?action=create>
*OpenOffice*
Xestor de correo electrónico
Outlook Express Mozilla Thunderbird
Navegador web
Internet Explorer Mozilla Firefox
Mensaxería instantánea
MS Messenger Gaim
Reproductor multimedia
Windows Media Player Vlc
Editor de imaxes
Adobe
?<http://www.galpon.org/modules/phpwiki/index.php/PhotoShop?action=create>
*PhotoShop* Gimp
- Considerar a creación dun Proxecto de lei do software Libre. Como
exemplo temos o Proxecto de lei do Congreso dos diputados para a
utilización do Software Libre na
Administración<http://www.congreso.es/public_oficiales/L8/CONG/BOCG/B/B_156-0
1.PDF>. É imprescindible que neste proceso se actue con moita cautela e que a
toda a xente que decida esté suficientemente informada para que non sexan
pasto das transnacionais que acaban expresando os seus descursos directamnte
a través dos diputados.O máis importante deste proxecto é que a xunta sexa a
dona dos desnvolvementos que son pagados pola administración e teña todalas
facilidades para reutilizalo como sexa necesario. Para que esto sexa posible
e imprescindible posuir o código fonte das aplicacións, e que este código
teña unha calidade mínima como para poder ser reutilizado.
Este proxecto foi rexeitado entre outras razóns porque era competencia das
autonomías. Tamén se falou do tema da neutralidade tecnolóxica, pero con
asuntos como a imposibilidade do goberno de España de venderlle armas a
Venezuela demostrouse que era xustamente ó contrario: o producto privativo é
xustamente o que non é neutral. De feito o producto privativo é o que impide
a liberdade de uso, explotación e distribución do software, e o uso de
estándares abertos proporciona a liberdade para escoller entre unha morea de
aplicacións aquela que máis se axuste ou máis nos guste en cada caso. Outros
argumentos en contra como a inseguridade intínseca asociada ó Software Libre
por necesitar fontes abertas é tan falso que non merece perder o tempo
explicandoo neste documento.
- Os *sitios web* da Administración deberán seguir os estándares
internacionais como as *recomendacións do
W3C<http://validator.w3.org/>
*
para así poder ser visualizados correctamente con calquera programa
que respete estos estándares, incluídos os que son Software Libre.
Os documentos de intercambio de información cos cidadáns deberán cumprir
estándares internacionais. Para isto non temos outra posibilidade máis que o
uso de formatos abertos <http://www.glug.es/formatos> e libres, se queremos
ser os donos da nosa información independentemente dos intereses de calquera
empresa.
Recomendacións da Unión
Europea<http://europa.eu.int/idabc/en/document/3439>Algo de
documentación <http://xml.coverpages.org/ni2004-06-17-a.html> (Inglés)
Casos: Noruega xa usa formatos abertos
Español<http://www.derechosdigitales.org/node/57>e
Inglés<http://www.andwest.com/weblog/tatle/agenda/2005/06/27/Norwegian_M…
er_Proprietary_Standards_No_Longer_Acceptable_in_Communication_with_Governmen
t.html>
Massachussetts
Español<http://edans.blogspot.com/2005/09/el-estado-debe-tener-formatos-…
rtos.html>-
Inglés<http://www.boston.com/business/technology/articles/2005/09/02/sta…
ay_drop_office_software?mode=PF> Exemplos de formatos válidos son
1.
*OASIS<http://www.oasis-open.org/committees/tc_home.php?wg_abbrev=office> *
Open Document Format para Aplicacións Ofimáticas (OpenDocument), en trámites
de aprobación pola ISO.
2. *PDF <http://es.wikipedia.org/wiki/PDF>* (Adobe
Acrobat<http://www.adobe.es/products/acrobat/main.html>):
aprobado pola ISO.
Mitos e realidades sobre ODF (Open Document Format)
(
Inglés<http://opendocumentfellowship.org/Resources/FactOrFiction>
)
- Considerar a posibilidade de potenciar a distribución de software
libre multiplataforma en galego con manuais de axuda e tutorias
interactivos. Esta información podería ser distribuida, por exemplo, nun
cd/dvd ou a través dun sitio web. Un punto de partida para este proxecto
pode ser CDLibre <http://www.cdlibre.org/>.
- Promocionar a creación de un conxunto básico de aplicacións libres
multiplataforma para a xestión das Pemes. Entre estas deberían de estar
aplicacións que xestionen a contabilidade, facturación, nóminas, etc.
Tamén sería interesante neste punto plantexarse a posibilidade de
colaboraión con proxectos doutras comunidade en este sentido.
-----------------------
Apertas,
--
Miguel Ángel Fernández Morales
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>