Fe de erratas
Nos dous sitios, onde di «venres 19 de marzo», debe dicir «sábado 19 de
marzo»
:-(
O sáb., 12 de mar. de 2022 ás 10:37, Miguel Bouzada (<presidente(a)galpon.org>)
escribiu:
Lembrete
Adrián Chaves Fernández, secretario do Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra, por orden do Presidente e conforme ao Artigo 25 dos Estatutos
desta Asociación, convoco a todas as persoas socias á Asemblea Xeral
Ordinaria a celebrar o venres 19 de marzo de 2022, ás 19:00 horas en
primeira convocatoria, e ás 19:30 en segunda convocatoria coa seguinte orde
do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2021
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2022
4.1.- Organización do Congreso «esLibre»
4.2.- Celebración do 20º aniversario da Asociación
Así mesmo, convoco na mesma data venres 19 de marzo de 2022, a Asemblea
Xeral Extraordinaria ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en
segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de persoas socias, a proposta da Xunta
Directiva, por falta de pagamento de cotas.
As asembleas terán lugar, se non hai noticias en contra, no bar BQTO na
rúa Zamora, nº 60, de Vigo.
Prégase a asistencia de todas as persoas socias. Lembrámosvos que para
exercer o dereito a voto debe estarse ao día no pagamento da cota.
Lembrámosvos, así mesmo, que a cota é por anos naturais. Por se alguén
desexa pagar en efectivo, o Sr. Tesoureiro estará presente e poderá facer
os cobros.