---------- Forwarded message ----------
From: Oficina de Coordinación FLOSS <ocfloss(a)xunta.es>
Date: 2012/7/11
Subject: [Guls] Convocatoria de 3 postos de persoal técnico para a OSL do
CIXUG
To: guls(a)mancomun.org
Remitímosvos información sobre a publicación da convocatoria de 3 postos
de persoal técnico para a Oficina de Software Libre do Consorcio para o
Desenvolvemento de Aplicación de Xestión Universitaria (CIXUG), no ámbito
do proxecto de unificación e coordinación das tres Oficinas de Software
Libre das universidades do SUG.
O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do día 16 de
xullo.
As funcións a desenvolver son as seguintes:
- Desenvolver as actuacións precisas para promover o uso de aqueles
produtos de software libre que se decidan implantar na súa área de
influencia dentro da Universidade onde se encontre asignado.
- Dar soporte aos usuarios nos produtos que se decidan promover.
- Organizar e participar nos actos (cursos, xornadas, etc.) de difusión
do software libre nas universidades.
- Propoñer novas iniciativas para o desenvolvemento do software libre
nas universidades.
- Participar activamente na formación do persoal PAS en ferramentas SL.
- Participar activamente na migración de postos base na administración.
- Apoiar a elaboración de material formativo de ferramentas SL.
- Apoiar no mantemento da Web da OSL.
- Participar activamente na divulgación das opcións en materia de SL en
centros das universidades
- Apoiar na implantación de programas libres para Windows nas aulas de
informática
- Participar activamente na implantación dual do Ubunto-Gal nas aulas
informáticas
Na seguinte ligazóns tedes as bases completas da convocatoria:
http://www.cixug.es/export/sites/cixug/convocatorias/documentos/2012-07x_10…
Un cordial saúdo.
--
--------------------------------------------------------------------------------
Oficina de Coordinación FLOSS
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Xunta de Galicia
ocfloss(a)xunta.es
Teléfono: 981 957000
Fax: 981 957007
--------------------------------------------------------------------------------
_______________________________________________
Guls mailing list
Guls(a)mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
--
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno»
http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo»
http://minino.galpon.org