Arreando difusión:
---------- Forwarded message ----------
From: Andrés Maneiro <amaneiro(a)igalia.com>
Date: 2008/9/3
Subject: [Guls] Premio PFC de Sw Libre
Ola a todos,
dende IGALIA, en colaboración coas 3 universidades galegas e MANCOMÚN,
queremos anunciarvos a segunda edición do "Premio ó mellor PFC de Sw Libre".
Con este evento, pretendemos incentivar que os Proxectos Fin de Carreira
(PFC) se publiquen como sw libre, así como poñer en valor o traballo
realizado polos estudantes. Aspectos relevantes:
* Só para PFCs do ano académico 07/08 (setembro 08 incluido)
* Inscripción ata o 31 de outubro de 2008
* O PFC debe ter unha licencia aprovada pola FSF ou a OSI
* 1000 € ó gañador e posibilidade dun accésit de 500 €
+ info:
http://www.igalia.com/eventos/premio_pfc_swl
Por outra banda, acercando a realidade das comunidades de sw libre ó
estudantado galego, confiamos en que éstos se acheguen ó sw libre. É por
isto, que fomos publicando nun blog información sobre os seguintes temas:
* Aspectos legais
* Organización do traballo en proxectos de sw libre
* Aspectos económicos
* Ferramentas habituais
+ info:
http://blogs.igalia.com/premio-pfcsoftwarelibre-2008/
Esperamos que sexa do voso agrado e poidades darlle a maior difusión
posible.
Saúdos!,
Andrés