---------- Mensaje reenviado ----------
Asunto: [Guls] III edición do Máster Software Libre: descontos sobre a
matrícula para LUGs
Fecha: Miércoles, 1 de Julio de 2009
De: Andrés Maneiro <amaneiro(a)igalia.com>
Para: "Grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia" <guls(a)mancomun.org>
Ola a todos,
estamos estos días ultimando o arranque da "III edición do Máster en
Software Libre" da edición de Coruña, que se organiza conxuntamente
entre Igalia e a URJC. Nos próximos días lanzarémolo e vos enviaremos a
información completa que xa se poderá publicar. Pedímovos aínda
discreción a este respecto.
Nesta edición plantexamos unha serie de descontos sobre a matrícula do
Máster a persoas que pertenzan a certos colectivos. Gustaríanos que os
GULs de Galicia estivesen dentro desos colectivos con descontos. En
principio imos a contactar cos aquí rexistrados:
http://www.mancomun.org/comunidade/movementoasociativo/agrupacions/
http://www.linux-galicia.org/
Para axilizar o contacto coas asociacións, gustaríanos que aqueles
interesados en optar ós descontos nos enviásedes (por resposta privada)
o contato dunha persoa responsable (mail e tfno) por cada asociación, de
cara a comunicarlle o que desexamos plantexar.
Por outra banda, se coñecedes algún colectivo que poida ter interese en
optar ós descontos e non se atopa nesta lista, podedes facerlle chegar
esta petición.
Saúdos,
amaneiro
--
Andrés Maneiro
Igalia Free Software Engineering -
http://www.igalia.com
Tel: 981 913 991 ext 3
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>