Isaac Abreu Rodríguez, Secretario do Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra, a indicación do Sr. Presidente, convoca a todos os socios a
Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o SÁBADO, 30 DE MARZO, as 19:00
horas en primeira convocatoria, e as 19:30 en segunda convocatoria co
seguinte orden do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio
2012
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2013 - 2014
Aproveitase, para convocar na mesma data SÁBADO, 30 DE MARZO, a
Asemblea Xeral Extraordinaria as 20:30 en primeira convocatoria e as 21:00
en
segunda convocatoria, co seguinte orde do día:
1.- Elección dos integrantes da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta
Directiva por débedas de cotas.
As Asembleas terán lugar en "Nuevo Mesón Argentino" (Edificio Torreuropa
2000)
http://bit.ly/eYxGJx
Rogase a asistencia de todos os socios (lembrase que para exercer o
dereito a voto, debe estarse ao día o pago da cota, lembramos así mesmo
que a cota é por anos naturais).
PD. Se alguén quere engadir algún punto á orden do día, pode facelo en
resposta a este fío, enviando copia a secretario(a)galpon.org antes do
luns 25 de Marzo do 2013.
Isaac Abreu Rodríguez, secretario de GALPon
En Vigo, a 12 de febreiro do 2013