*Construíndo unha impresora 3D con GALPon*
En *GALPon* estamos preparando un obradoiro para aquelas persoas que
queiran introducirse no mundo dos *makers* con *Hardware e Software Libre*
A dinámica que estamos planificando é a seguinte:
* Adicaremos unha xornada (sábado) completa.
* Construiremos unha impresora Prusa3 (do proxecto RepRap).
* Os asistentes poderán agruparse en equipos.
* Haberá unha persoa, con experiencia na construción destas máquinas,
adicada a non máis de dous equipos para titorizalos.
* Cada equipo deberá levar todos os materiais necesarios para a construción
dunha impresora.
* GALPon preparará un conxunto (kit) completo, con todo o necesario que
porá a venda para quen queira aforrarse o traballo de xestionar a compra de
todos os compoñentes.
*Nota 1:* Para mercar estes conxuntos (kits) completos, teredes que facer
unha reserva por correo e facer un «ingreso a conta» que aínda non podemos
concretar.
*Nota 2:* Oportunamente, publicaremos un listado detallado dos materiais
incluídos no conxunto e as normas/condicións para facer o pedido.
*Nota 3:* O PVP deste conxunto será estritamente o de custo, incluíndo os
gastos de xestión e transporte, polo que a maior número de solicitudes
poderemos dispor dun mellor prezo.
Agradecemos que nos fagades calquera comentario que consideredes pode
axudar a unha mellor preparación deste obradoiro.
--
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://www.documentfoundation.org/foundation/members
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno»
http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo»
http://minino.galpon.org