Envíovos isto por se alguén lle interesa, o prazo de inscrición remata
hoxe:
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organiza o
día 26 de xaneiro na sede da Escola Galega de Administración Pública
unhas xornadas sobre o estado actual da sinatura electrónica. A este
evento acudirán expertos de toda España que abordarán desde diferentes
puntos de vista os prestadores de servizos, a administración
electrónica, os servizos de certificación dixital e a seguridade, entre
outros. Ademais, presentarase o libro Construíndo a Identidade Dixital.
As persoas que desexen asistir ás xornadas deberán inscribirse no
formulario dispoñible na web do
CPEIG:http://www.cpeig.org.
O prazo remata o día 24 de xaneiro e a asistencia é gratuíta.
Saúdos,
Oscar C.