Por favor, indicade se ides precisar un espazo reservado do stand de SwL para
GALPon.
Un cordial saúdo,
---------- Mensaje reenviado ----------
Asunto: [Guls] Participación stand XGN
Fecha: Martes, 17 de Marzo de 2009
De: Irene Touriño <itourinho(a)mancomun.org>
Para: "Grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia" <guls(a)mancomun.org>
Boas,
Como xa sabedes Mancomún fixo un chamamento a comezos de ano para a
suxestión de actividades e para a participación no Xuventude Galiza Net.
Estas propostas están a ser pechadas esta semana (disto xa vos irei
dando conta persoalmente), pero ademais tamén estamos tratando de
concretar o deseño do stand.
Do mesmo xeito que xa se fixera en Málaga, a Dirección Xeral de
Promoción Industrial e da Sociedade da Información convida a todos os
axentes da comunidade galega de software libre a participar da promoción
das tecnoloxías abertas, compartindo stand na extranet. Este espazo
repetirá un esquema similar ao da OSWC. Isto é, un espazo para os
axentes/GGUL e un espazo para Mancomún/DX.
Non obstante, e para que non se repitan os incidentes anteriores
pediriámovos que todos os que vaian participar no stand identifiquen
perfectamente a súa proposta, así como o material que queren despregar
(computadores, plotters, entregábeis...). Por exemplo, se alguén
pretende amosar unha nova distro pois que nos indique que quererá levar
x computadores, dous plotters, unha caixa de exemplares para repetir...
Deste xeito conseguiremos repartir o espazo máis adecuadamente ;-)
Moitas grazas de antemán. Un saúdo, Irene
--
Irene Touriño Eirín
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113 <itourinho @ mancomun.org>
_______________________________________________
Guls mailing list
Guls(a)mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>