Adrián Chaves Fernández, secretario do Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra, por orde do Presidente e conforme ao Artigo 25 dos Estatutos
desta Asociación, convoco a todas as persoas socias á Asemblea Xeral
Ordinaria a celebrar o SÁBADO 25 de MARZO de 2023, ás 19:00 horas en
primeira convocatoria, e ás 19:30 en segunda convocatoria coa seguinte orde
do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2022
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2023
Así mesmo, convoco na mesma data SÁBADO 25 de MARZO de 2023, a Asemblea
Xeral Extraordinaria ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en
segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de persoas socias, a proposta da Xunta Directiva,
por falta de pagamento de cotas.
As asembleas terán lugar, se non hai noticias en contra, nas oficinas de
Librebit/Aitire, na rúa Uruguai, nº 15, entresollado B, de Vigo.
https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.23625&mlon=-8.71763#map=18/42.23…
Prégase a asistencia de todas as persoas socias. Lembrámosvos que para
exercer o dereito a voto debe estarse ao día no pagamento da cota.
Lembrámosvos, así mesmo, que a cota é por anos naturais. Por se alguén
desexa pagar en efectivo, o Sr. Tesoureiro estará presente e poderá facer
os cobros.
PD. Se alguén quere engadir algún punto á orde do día, pode facelo en
resposta a este fío, enviando copia a secretario(a)galpon.org antes do luns
20 de Marzo do 2023.