---------- Mensaje reenviado ----------
Subject: Invitación á presentación do libro de Jordi Màs
Date: Martes, 19 de Septiembre de 2006 10:07
From: Xoán Fernández <xoanf(a)cesga.es>
To: xoanf(a)cesga.es
Mancomun.org convídavos á presentación do libro //Software Libre.
Tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto//,
escrito por Jordi Màs i Hernàndez, coordinador xeral de Sofcatalá, e
traducido ao galego por Daniel Romero e Ana Salgado.
O acto terá lugar o xoves 28 de setembro na Galería Sargadelos (rúa
nova, 16) en Santiago de Compostela ás 20 horas. O libro, que está
editado por Biblos Clube de lectores, conta co patrocinio do proxecto
Mancomun.org.
Na presentación intervirán:
*Jordi Màs i Hernàndez, coordinador xeral de Sofcatalá.
*Elena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da
Información.
*Javier García Tobío, director do Cesga.
*Tucho Calvo, director literario de Biblos.
Rógase a máxima difusión a esta convocatoria.
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>