Ola a todos (outra vez) :-)
Como saberedes, onte celebrouse a Asemblea Extraordinaria para a elección
dunha nova Xunta Directiva, xa que eu considerei que sen ter o apoio de
toda a Xunta Directiva para as miñas propostas de actividades, non podía
continuar sendo presidente. Por esa razón dixen que non volvería
presentarme como candidato para ocupar a presidencia de GALPon.
Onte foi imposíbel lograr unha candidatura a Presidente de entre os
asistentes (poucos por certo), tras unha proposta de cambio na Xunta
Directiva que garante o mantemento das miñas propostas e tras a petición
dos asistentes, reconsiderei a miña postura e decidín volver aceptar a
presidencia.
Queda pendente de facer en días próximos unha asemblea ordinaria para
tratar as actividades deste ano e desta agardo que teñamos un chisco máis
de xente.
Anexo copia das actas
O 13:26 do 28 de xaneiro de 2018, Miguel Bouzada <mbouzada(a)gmail.com>
escribiu:
Ola a todos.
Trala xuntanza da Xunta Directiva de GALPon celebrada no día de onte, teño
que informarvos que foi imposíbel que obtivera o consenso necesario para
sacar adiante a miña proposta de actividades para este ano.
Xa que considero que esa é a parte máis importante das miñas funcións como
presidente, considero que por esa falta de confianza nos meus plans de
actuación e a inmediata convocatoria da Xunta para presentar o noso plan de
actuación, véxome na obriga de solicitarlle ao Sr. Secretario que convoque
as asembleas anuais, especialmente a Extraordinaria, para a elección dunha
nova Xunta Directiva que elabore un novo plan de actuacións.
Salientar que eu non volverei concorrer como candidato a Presidente, polo
que será necesario que conformedes polo menos unha candidatura para cubrir
os catro postos necesarios, a saber: Presidente, Vicepresidente, Secretario
e Tesoureiro.
En Vigo a 28 de xaneiro
Miguel A. Bouzada
Presidente
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno»
http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo»
http://minino.galpon.org
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno»
http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo»
http://minino.galpon.org