A Consellaría de Innovación e Industria convida a toda a sociedade galega a
participar no acto de presentación do Galinux, un completo sistema operativo
en galego desenvolvido polo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
conxuntamente coa comunidade galega de software libre e que terá lugar o
vindeiro xoves 11 de decembro no Hotel Porta do Camiño (R/ Miguel Ferro
Caaveiro s/n. Santiago de Compostela). Por dispoñer de aforo limitado a
asistencia ao acto require de inscrición previa, a cal deberá realizarse
necesariamente antes das 14 horas do mércores 10 no correo
eventos(a)mancomun.org.
O encontro dará comezo ás 10:30 horas e contempla o seguinte programa:
10:30 h. Recepción de persoas convidadas
11:00 h. Inauguración do acto da man da directora xeral de Promoción
Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela.
11:15 h. Relatorio “Software Libre na Administración pública: o caso de
Brasil”. Claudio Filho, responsábel do BrOffice e migración masiva de
escritorios en Brasil.
12:00 h. Intervención do Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando
Blanco.
12:30 h. Pausa café.
13:00 h. “Mesa redonda: Galinux”. Posta en común coa comunidade galega do
software libre, moderada polo coordenador do Centro de Referencia e Servizos
de Software Libre de Galiza, Xesús M. Benítez Baleato e coa participación de:
Denís Fernández, presidente da asociación de software libre máis
antiga de ámbito nacional, GLUG.
Javier Vázquez, presidente da Asociación Galega de Empresas de
Software Libre de Galicia (AGASOL).
Enrique Estévez, responsabel da Oficina de Software Libre da USC.
Felipe Xil, coordenador do grupo voluntario de tradución de Ubuntu ao
galego.
Por dispoñer dun aforo limitado a asistencia ao acto require de inscrición
previa, a cal deberá realizarse necesariamente antes das 14 horas do mércores
10 no correo eventos(a)mancomun.org.
Nova orixinal:
http://www.mancomun.org/novas/eventos/a-consellaria-de-innovacion-e-industr…
presenta-o-galinux-a-distribucion-galega-de.html
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>