Hola.
Eu apunteime para comprar outra raspberry, e se alguen quere apuntarse...
O unico requisito é que hai que recollelas a GPUL, pero de paso que
vou pra min..
Avisados estades XD. E sobre todo ese que se marchou os EE.UU. XDD
---------- Forwarded message ----------
From: Alejo Pacín Jul <alejopj(a)gmail.com>
Date: 2012/10/21
Subject: [gpul-oshw] Compra conxunta de Raspberry Pi
To: Lista general de GPUL <gpul-list(a)lists.gpul.org>rg>, gpul-oshw(a)lists.gpul.org
Boas a todos.
Mando este correo a modo de resumo e nota tranquilizadora. Por favor,
a partir de agora, empregade este fío conxunto pra que me sexa máis
sinxelo organizar todo e levar as contas. Graciñas.
A Xunta Directiva estamos debatindo a maneira de facelo con xeito.
Informarémosvos da decisión tan pronto a teñamos.
Polo de pronto (e a título persoal), non me importa xestionar o tema
(aka levar as contas), pero teño esta semana bastante liada, así que a
compra atrasaríase ata a semana que vén.
Sen embargo, isto tamén ten as súas vantaxes. Non sei se lestes esta
mesma semana que tanto Farnell coma outra casa están comezando a
fabricar (e vender?) a súa propia versión da RasPi, co dobre de RAM
(512 MB), algo que estaba demandando o público en xeral xa hai
bastante tempo, pero ó que o Equipo Oficial se negaba porque se lles
saía dos custes.
Actualización:
http://www.element14.com/community/thread/20330?CMP=UK-e14-hpwidget
Polo que vexo aquí, parece que a versión vai ser Oficial, pero que
parece que están negando o evidente pra non provocar unha caída nas
ventas da versión de 256 MB e ter que comerse o stock.
BTW, polo que vexo aquí, en Farnell xa a están vendendo:
http://es.farnell.com/raspberry-pi?ref=lookahead
http://es.farnell.com/jsp/search/productdetail.jsp?id=2191863&Ntt=21918…
Ah, case se me pasa. Con respecto ó das caixas, penso que o mellor
sería pedilas todas iguais, xa que canta máis cantidade, máis desconto
(si, contan distinto segundo a cor). Polo que pregaría que se
especificase a cor das caixas que se piden pra collelas todas segundo
o que vote a maioría. En caso de non obter o mínimo pra cambiar de
categoría de custe (20 ud.), pediríanse as cores especificadas
(branco, negro ou transparente).
Vou poñendo a lista do que hai reservado polo de agora. A xente que
non especificou, púxenlle 1 RP. Por favor, aquela xente que non
especificou, que o faga a continuación. E por favor, que me confirmen
todos os seus datos.
Pablo 1 RP
Santi 1 RP
Juan Q 2 RP + 2 caixas
Emilio 1 RP
Brais 1 RP
Juan A 1 RP Non seguro
Alejo 1 RP + 1 caixa Non seguro
Óscar 1 RP + 1 caixa
David 1 RP
José 2 RP
Total: 12 RP + 4 caixas (probablemente se sume algunha máis a nome de GPUL).
Prezos sen IVE:
RP: 29,03€
http://es.farnell.com/jsp/search/productdetail.jsp?id=2191863&Ntt=21918…
Caixa (1-19): 5,85€
http://es.farnell.com/multicomp/mc-rp001-clr/armario-raspberry-pi-transpare…
Total(con IVE): 449,83 €
+ gastos de envío (que descoñezo -alguén con conta en Farnell que mo
poida mirar?-) a repartir entre todos (salvo disposición en contrario
por parte da Xunta Directiva).
Isto é todo polo de agora. Graciñas a todos de antemán.
Saúdos,
Alejo Pacín,
GPUL CM.
_______________________________________________
gpul-oshw mailing list
gpul-oshw(a)lists.gpul.org
http://lists.gpul.org/cgi-bin/mailman/listinfo/gpul-oshw