GALPon celebrará a I edición da BarCamp Verán 09, con temas de elevada índole
técnica coma a creación dun punteiro láser co mando da Wii, traballar con
Mono, Arquitectura ARM e mesmo discusión entre Compilación de ficheiros fontes
ou traballo cos paquetes binarios.
Ainda que nunha BarCamp non hai un guión a seguir e calquera tema é válido
dentro dunhas regras, esta primeira edición partirá dos asuntos indicados con
anterioridade pero que poden rematar noutros totalmente diferentes, de ahí que
sexa importante a participación dos asistentes (é mesmo obrigatoria) xa que
sen compartir coñecemento non ten sentido facer un evento deste tipo ;-)
Unha BarCamp, máis aló da súa estrutura organizativa extremadamente flexible,
debería contemplar un certo código ético que pode resumirse nas seguintes
formulacións:
1. As ideas e as propostas teñen valor pola súa calidade intrínseca, non
pola fonte ou a persoa que as propón. Nunha BarCamp non hai gurus, nin
personalidades.
2. A conversación e o intercambio libre presiden todas a actividades. Nunha
BarCamp non hai normas de inscrición, nin portas pechadas.
3. Os produtos, ideas, propostas, etc. que xorden nunha BarCamp pertencen á
colectividade que as xerou. Nunha BarCamp non hai "propietarios", nin
"dereitos de autor".
Este evento se realizará o día 18 de Xullo a partires das 20:00h e coincidirá
coa reunión mensual que realiza a Asociación o último sábado de cada mes pero
que nesta ocasión se adianta porque o día 25 é festividade.
O lugar de celebración será a Cafetería Medalla de Oro, na rúa López de Neira
5, preto da rúa do Príncipe, en Vigo
A participación neste evento está totalmente aberta a calquera persoa
interesada en coñecer e compartir coñecemento relacionado co Software Libre ou
tecnoloxías próximas.
Máis info en:
http://www.galpon.org/drupal/node/291
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>