Pois iso, que após as vacacións toca poñerse as baterías recargadas e
volver á carga.
Como xa teredes visto, comezamos coa publicacións da(s) minino e
seguiremos, mais precisamos de algunha axuda para ... tachán... o noso 15
aniversario. Desta volta coincídenos en xoves (16 de novembro) co que
teremos que mover a festa para un dos sábados anterior ou posterior, xa nos
indicaredes en resposta a este correo que vos acae mellor.
Polo de agora non temos pensado nada que facer, agás unha comida ou cea (a
escote, coma sempre, GALPon pagará o viño, cafe e chupitos) así que
agradecemos que nos digades que podemos facer...
Agardamos as vosas ideas.
M. A. Bouzada
Presi
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno»
http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo»
http://minino.galpon.org