Por si no os llegó de otro lado.
-------- Mensaje original --------
Asunto: [CIG-Informa] 4 millons de euros para software na Xunta
Fecha: Mon, 18 Oct 2010 02:32:18 +0200
De: Alexandre Prieto <autonomica(a)cigadmon.org>
No web da CIG-Autonomica: ligazón
<http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=475&catid=16&Itemid=23>
Esta adxudicación contradí a suposta política de austeridade e
demostra que as promesas de Feijóo para promover o software libre
eran falsas.
Tal como se pode comprobar no Diario Oficial da Unión Europea do día 13
de outubro de 2010, a CIG-Autonómica denuncia que o goberno do PP ten
previsto adxudicar mais de catro millóns de euros en licenzas de
software fechado para a Xunta na que será a maior adxudicación de
software acometida pola Administración autonómica da que se ten constancia.
Dende a CIG-Autonómica denunciamos que con esta macro-adxudicación o PP
incumpre a promesa de implantar o software libre na Xunta. Así, en lugar
de substituir os programas fechados polas alternativas libres
equivalentes no mercado, o PP non só renova as licenzas dos programas
fechados xa existentes senón que mesmo acomete a compra de centos de
novas licenzas.
A CIG-Autonómica denuncia ademais que este masivo gasto en licenzas non
supón a compra en propriedade dos programas, senón que se trata en
realidade dun "aluguer" que permite utilizalos durante un prazo de
tempo. Así, esgotado este prazo os programas son automáticamente
desactivados, polo que a Xunta debe pagar novamente polos mesmos
programas para evitar que a desactivación provoque a paralización dos
servizos que deles dependen, como xa ten sucedido.
Por outra parte a referida adxudicación consiste no pago masivo de
licenzas para un gran número de servidores que se atopan dispersos polas
distintas Consellarías. A CIG-Autonómica sinala que esta dispersión
amosa claramente que os responsabeis tecnolóxicos do PP están sendo
incapaces de unificar toda a informática da Xunta nun único
departamento, un dos obxectivos marcados por Feijoo no inicio da
lexislatura.
Dende a CIG-Autonómica denunciamos o evidente despilfarro que supón
gastar catro millóns de euros en renovación de licenzas cando existen
programas libres equivalentes no mercado que supoñen un claro aforro e
que por ese motivo están a ser usados xa por outras outras
administracións públicas tanto autonómicas como estatais, que dese modo
poden adicar eses cartos a investimentos produtivos.
Dende a CIG-Autonóma denunciamos o evidente despilfarro que supón tirar
os cartos dos galegos desta maneira e ao mesmo tempo esiximos ao goberno
galego que cumpra as promesas de implantar o software libre na
Administración autonómica.
--
Web da CIG-Autonomica:
http://autonomica.cigadmon.org
Para non recibir mais correos vai a this link
<http://autonomica.cigadmon.org/boletins/?p=unsubscribe&uid=8a2d59823fdf4cc084fb59181982500c>
Para seleccionar o que queres recibir vai a this link
<http://autonomica.cigadmon.org/boletins/?p=preferences&uid=8a2d59823fdf4cc084fb59181982500c>
powered by phplist <http://www.phplist.com> v 2.10.11, © tincan ltd
<http://tincan.co.uk/powered>