Hola galponeir@s!
Non hai moito, leía en Slashdot un artigo acerca de como xerar
sinais DVB-T (de televisión dixital) empregando só unha tarxeta VGA, e
máis o software correspondente. O artigo, escrito por Frabice Bellard (o
autor do QEMU, ffmpeg e máis cousas) está na seguinte dirección:
http://fabrice.bellard.free.fr/dvbt/
Nese artigo, tamén explica como xerar unha sinal PAL a partires da VGA,
seguindo un proceso parecido ó anterior, e pon como exemplo a imaxe de
Lenna (típica). O caso e que picado pola curiosidade, e debido a que o
modo de video que pide Fabrice non está dispoñible en todas as tarxetas
VGA, estiven escribindo un software para xerar sinais PAL a partires de
VGA, pero programable (acepta diversos modos).
Dado a que empreguei para o experimento o meu querido Toshiba Libretto,
o modo de video que tiven que usar e bastante extraño (800x1000), pero
os resultados son "excelentes". Como exemplo, adxunto dúas imaxes
significativas:
- test EIA 1956:
http://mir.montelnor.com/~miguel/vgadac/images/dsc01672.jpg
- foto de Galpon con Stallman:
http://mir.montelnor.com/~miguel/vgadac/images/dsc01668.jpg
Na dirección
http://mir.montelnor.com/~miguel/vgadac/
tedes o software (sen instruccións). Se alguén está interesado, que me
envíe un mail.
NOTA: para os que pensen que todo isto é unha parida, que agora todas as
tarxetas VGA levan salida de televisión: A salida creada polo programa é
totalmente programable (con excepcións), polo que se pode xerar calquera
sinal de ancho de banda DotClock/2, sexa analóxica (PAL, sonido, radio
AM e FM), dixital DBV-T, etc. Agora mesmo estou traballando en conseguir
un xerador de sinal universal de baixo custo.
Saúdos, e sorte para os exámes de Setembro!