El 01/05/11 14:18, boube escribió:
Perdón polo retraso, non daba atopado o papel
(problemas de facer as
cousas en analóxico) e estiven con nun bo trancazo este fin de semana.
É posible que haxa que facer algunha corección, responder por aquí e
xa me encargo eu.
Saúdos a todos!
Acta da Asamblea Extraordinaria de Galpon do 26/03/2011 18:00
Presentes:
Guillermo Cordiro
Miguel Bouzada
Carlos Rodríguez
Isaac Abreu
Adrián Chaves
Sergio Costas
Andrés Bott
Manuel Villaverde
Rafael Couto
Jose Antonio Insúa Fernández
1.- Modificación estatutaria
1.1- Reducción de cargos da Xunta Directiva
Presentanse dúas propostas, manter a situación actual e unha nova
configuración: Presidente, Vicepresidente, Secretario e Tesoureiro,
sendo necesarios só os tres primeiro cargos. Apróbase por unanimidade
a segunda opción.
1.2- Vías de comunicación por medios telemáticos.
Apróbase por unanimidade que as comunicacións electrónicas entre
socios e a asociación sexan totalmente válidas a todos os efectos.
1.3- Estándares abertos e neutralidade da rede
Apróbase incluir nos estatutos unha mención a defensa dos estándares
abertos e a neutralidade da rede. A mención de estándares abertos
apróbase por maioría e a de neutralidade da rede por maioría simple.
1.4- Cambiar o termo "Linux" por "GNU/Linux"
Apróbase por unanimidade reemplazar o termo "linux" por "Gnu/Linux"
na
totalidade dos estatutos.
Vigo a 26/03/2001
estamos no 2011 non no 2001 :P