---------- Mensaje reenviado ----------
Asunto: CNTG. Xornada de difusión do software libre. Software libre contra a
crise.
Fecha: Lunes, 25 de Octubre de 2010
De: CNTG <estudos.cnt(a)xunta.es>
Para: undisclosed-recipients:
O vindeiro día 4 de novembro, ás 9:45 horas, organizado por AGASOL, Asociación
de empresas galegas de software libre, promovido pola Secretaría Xeral de
Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Fundación para o Fomento da
Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, e coa
colaboración do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Dirección Xeral de
Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, terá lugar no
salón de actos deste Centro unha xornada de promoción do sotware libre para
PEMES.
A xornada presenta un dobre interese e obxectivo: Amosar a potencialidade do
software libre e ofrecer diferentes posibilidades de produtos e servizos ás
PEMES galegas por parte de AGASOL.
O acceso á xornada é libre e de balde, previa preinscrición en info(a)agasol.org
, e condicionado ao aforo do local.
Para máis información da xornada e/ou consulta do folleto informativo acceda á
sección "próximos eventos" localizada na páxina principal do portal web do
CNTG,
http://cntg.xunta.es
Un saúdo
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"