A Asociación Galega de Empresas de Software Libre reuniráse coa Consellería de
Educación para estudar a implantación de Software Libre nos centros de
ensinanza de Galicia. Este xoves, o xerente de AGASOL contará co apoio das
empresas galegas, grupos de usuarios a prol do Software Libre ademáis de
profesorado que empregan xa esta tecnoloxía con éxito nos seus centros a
pesares do nulo apoio por parte da Consellería no uso de Software Libre nos
centros.
No 2007 as asociacións galegas e profesorado procuramos unha vía para achegar
a responsables da Consellería de Educación as inquedanzas que a sociedade en
xeral e estes colectivos en particular temos respecto ao Sw Libre no ensino.
Daquela demoramos máis dun ano desde o primeiro contacto interno, logo
mantivemos diversas entrevistas ao longo de 2007, tanto internas como co
SIEGA, ata a definitiva reunión coa conselleria, Laura Piñón, en febreiro de
2008 (1).
Daquela considerouse conveniente dar continuidade a esa iniciativa dado que a
composición da Xunta foi anovada tralas eleccións. Para completar a
representatividade (2) se decidíu incorporar a empresas de AGASOL e ao
primeiro coordinador de
Mancomun.org toda vez que agora, xa fóra da órbita do
centro de referencia, tamén é profesor de ensino secundario (dobre motivación
daquela).
Máis información:
(1)
http://brenlla.blogaliza.org/2008/02/22/resultados-da-reunion-coa-
consel...
(2) O grupo que defenderá os intereses do Sw Libre neste caso serán:
-Carlos Carrión, profesor IES San Clemente (Santiago)
-Manuel Morán, profesor IES Chan dos Montes (Marín)
-Jesús Arribi, ex-coordinador de
Mancomun.org e profesor do IES San Clemente
(Santiago)
-Luis Alberto Fdez Marqués, xerente de AGASOL
-Roberto Brenlla (CKO de TEGNIX)
(3)
http://www.agasol.org
Publicado en
GALPon.org
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>