(perdón, antes non lle din a "Respostar a todos")
De primeiras probaría nunha MV para xogar un pouco :)
¿Nunca sufriches un apagón que che obligase a reinstalar?
Sobre Manjaro lin de todo, cosas boas e tamén malas, sobre todo
relacionadas con seguridade. Para os máis paranoicos e unha distro
potencialmente máis insegura porque ao seren pouca xente no equipo non
dan abasto para testear todo o que sube de Arch, e podería ser que
parches para vulnerabilidades serias non se distribúan tan rápidamente.
Sinceramente prefiro sacrificar un pouco de seguridade se a cambio teño
paquetes máis testeados.
¿Aparte da wiki de Arch, recomendas algún outro recurso para principiantes?
El 06/12/13 20:25, Adrián Chaves Fernández escribió:
O Venres, 6 de Decembro de 2013 20:06:48 Jason P.
escribiu:
¿Qué vos parecen este tipo de distros?
¿Aconsellaríadelas para un equipo
de traballo?
Eu aconsello Arch Linux para calquera uso. Creo que calquera persoa capaz de instalalo
(non é difícil se segues as instrucións do wiki) está a instalar a distribución coa que
quedará.
En realidade eu non uso Arch Linux que uso Chakra, e se prefires comodidade e
estabilidade, Chakra ou Manjaro poden ser mellores alternativas polo doado da instalación
e o extra de estabilidade que fornecen. Pero cada unha ten as súas peculiaridades, así que
infórmate ben sobre elas, e sobre que outras distribucións baseadas en Arch Linux hai. Por
exemplo, Chakra só che interesa se es un fanático de KDE.
As distribucións baseadas en Arch Linux son un bo xeito de probar un pouco da experiencia
Arch Linux. Pero en serio, eu de ti probaba a instalar Arch Linux, e se pasas esa proba,
de seguro has quedar con el.