---------- Mensaje reenviado ----------
Boas;
Bueno como moitos xa saberedes (ou non) Inestable a pesar de sermos tan
pouquiños e estar constituídos legalmente dende fai tan pouco tempo levamos
moito tempo traballando "na sombra" e sacando a diante unha idea que foi a
principal que nos impulsou a crear a nosa asociación.
Con este xa van 5 anos os que levamos achegando á xente de Ordes e arredores
e a xente de toda Galiza que queira vir o mundo do software libre.
Agora que nos respalda xente con vista e nos apoian a tódolos LUGS en
Inestable podemos permitirnos abrir fronteiras e invitar a todo o que queira
a vir a falar a Ordes sobre o software libre.
Polo tanto dende Inestable <http://www.inestable.org> queremos facer un
chamamento a tódalas persoas/asociacións/LUGS interesados en colaborar con
nós no que serían as V Xornadas GNU/Linux de Ordes que se pretenden celebrar
no vindeiro mes de Abril (días 5,6 e 7) de 2007 coincidindo coa semana
santa.
Se algún de vós, algún coñecido, algún amigo de un amigo, algún veciño,
familiar; xa sexa tío curmán ou, en xeral, calquer individuo quere axudarnos
poñemos en coñecemento:
Inestable inicia o que chaman un CALL FOR PAPERS no que estaremos esperando
polos vosos traballos/colaboracións ou demais ensaios que queirades expoñer.
Se estades interesados por favor facedeo saber na lista mesmamente ou en
diego [at] inestable [dot] org comentándome que tipo de charla queredes dar,
condicións, etc que queirades impoñer.
Coma sempre procuraremos acollervos a todos, pero as datas non son infinitas
nin as horas. Por iso gustaríanos que nos enviasedes os vosos
traballos/transparencias/apuntes para que puidesemos escoller (no fantástico
caso de que houbese moitos interesados). O formato que vos pedimos que nos
enviedes a diego [at] inestable [dot] org é o PDF
Estaremos a espera das vosas ideas, traballos e demais ata máis ou menos o
10 de Marzo data na que xa necesitamos ter concretados os poñentes.
Contamos con vós!
Un saúdo, Diego.
--
In the beginning was the command line
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>