(Mensaxe de Daniel Bañobre - CompostelaWireless)
Desde fai uns meses andamos a negociar con Xuventude para ver de facer
actividades relacionadas co Software Libre dentro da Xuventude Galicia
Net (
http://www.xuventudegaliza.net/). Desculpade que non comentaramos
nada na lista, pero preferimos estar calados mentras a cousa non
estivera clara. Agora, á fin, parece que chegamos a un punto de acordo.
As negociacións foron duras, pero finalmente dispoñemos dun presuposto,
un espacio para conferencias cunha capacidade dunhas 100 persoas e un
espazo-obradoiro con equipos informáticos e acceso á Internet para
trastear.
Para chegar a este punto, nos vimos na obriga de facer unha proposta de
actividades, pero a cousa queda suficientemente aberta como para que
todos os GUL podamos participar. A nosa proposta de actividades está adxunta.
A idea é que dentro do obradoiro aberto podemos facer as actividades que
consideremos oportunas, de xeito que só temos que organizarnos entre nós
para facer as cousas que consideremos máis interesantes e produtivas.
Estamos seguros de que algunhas das actividades propostas por nós, poden
ser artelladas máis fácilmente por outros GULs. Por exemplo, as
actividades de achegamento á programación en KDE/Gnome require buscar
persoas capacitadas, e iso GPUL o terá prácticamente feito. Non queremos
que ningún GUL se corte. Non se trata de que cada un fagamos as nosas
actividades, se non de artellar un bo programa e sacalo adiante entre
todos, do xeito máis sinxelo posible. Así que se alguén se quere acoplar
en actividades xa propostas, só ten que dicilo. Que ninguén se sinta
excluido.
Mandade as vosas propostas á lista. Se ides necesitar financiamento ou
necesitades que desde a organización aportemos algún tipo de recurso,
especificadeo claramente. Especificade tamén o tempo que requeriredes
para a actividade, de xeito que podamos artellar unha proposta de
horario para reparti-lo tempo.
Se vemos que é necesário, podemos empregar novamente o sistema do ano
pasado, abrindo un wiki no que cada un expoñan as propostas.
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>