---------- Mensaje reenviado ----------
Subject: [LUGS] Fene - I Xornadas de Sw Libre na Economía Social e
Administracións Locais
Date: Martes, 6 de Diciembre de 2005 11:30
From: Roberto Brenlla <roberto(a)agnix.org>
To: GUGLs - Galicia <lugs(a)linux-galicia.org>
I Xornadas do Software Libre na Economía Social e Administracións Locais
As I Xornadas do Software Libre na Economía Social e Administracións
Locais é un evento organizado pola asociación de usuarios de Software
Libre AGNIX xunto co Concello de Fene e celebrarase na Casa de Cultura
deste concello durante os dias 15, 16 e 17 de decembro de 2005.
Para esta primeira ocasión o programa contará coa presenza de destacadas
figuras nacionais e internacionais:
* Alessandro de Oliveira (Cabelo) de Viva O Linux (Brasil)
* Jordi Mas de Softcatalá
* Xavier de Blas co seu Linux Show
* Miguel Ángel Segovia, coordinador Centro de Novas Iniciativas da
Xunta de Estremadura
* e moitos máis!
É importante salientar que o evento vai dirixido a todo o público en
xeral, pero pode ser de especial interese para representantes das
administracións públicas locais, xa que durante as xornadas os distintos
poñentes falarán do importante papel da Administración na Sociedade da
Información.
Asemade estas xornadas contarán con obradoiros de diversas materias coma
mostra dos obxectivos que persegue: por unha banda destacar o papel
fundamental da Administración, principalmente a local, como instrumento
válido para o desenvolvemento dun contorno tecnolóxico que permita o
acceso ás tecnoloxías da información e a redución da fenda dixital e,
pola outra, subliñar as vantaxes das novas tecnoloxías libres no proceso
de normalización da Língua Galega.
A inscrición é de balde.
Saúdos,
--
Roberto Brenlla
www.agnix.org
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>