Con esto da XGN viuseme á cabeza unha idea que tinha en mente hai tempo:
organizar algunhas charlas/obreadoiros sobre redes, inseguridade, e
navegacion anonima pola web.
Os puntos dos que poderia constar o obradoiro serian (todo orientado a
Linux, claro está):
-Explicacion mais ou menos a fondo dos protocolos TCP/IP e os ethernet
por cable e Wifi (tramas, autoenticacions, asociacións, encriptacions
etc)
-Configuración e posta en marcha das devanditas redes nunha distribucion
Linux (eu teño Ubuuntu no me portatil, pero se podo meer mais variedade)
-Explicación de técnicas de snifeado para visualizar as tramas e o
tráfico propio, aí como do tráfico dunha rede inalambrica (CREADA NO
MOMENTO E PRIVADA) Para explicar o que supón transmitir datos sen cifrar
nunha rede física á que teñan acceso outras persoas (como por exemplo a
wifi) - Diferencias entre dominios de broadcast...
-Poderiase tamén en función do tempo, explicar os tipos de encriptación
Wireless, e explicar tamén o porque da inseguridade de WEP (IV's etc) e
se houbera tempo fazer un pequeño ataque a unha rede montada no momento
cun router meu para amosar a facilidade e que é verdade que WEP é
realmente inseguro.
-------
- Explicacion dos diferentes xeitos que os servidores HTTP teñen de
controlar a identidade e vixiar os movementos dos visitantes (IP,User
Agent, cookies, hRef, applets java, javascript, etc)
- Como evitar cada método --> Addons para firefox, Rede Tor, e
demostración mediante diversas páxinas dedicadas a identificación de IP,
trazadores de rutas, etc....)
- Consellos xerais para aumentar a seguridade e privacidade nas
comunicacións informáticas.
-----------------------------------
Creo que poderia ser unha charla interesante para o público da XGN, xa
que se non me equivoco, sería xente nova, e posiblemente cun nivel de
informática algo máis alá que o manexo do "mspaint".
O nivel, efectivamente non é moi alto, pero tendo uns minimos
coñecementos sobre redes, penso que é asequible apra moita xente,
ademais do elevado interese que teñen eses temas (crackeado WEP,
sniffers etc)
Se credes que o nivel seria moi baixo ou moi alto, dicidemo, e tamen
todo o que se poida mellorar.
Todo estaria orientado cara a Linux, explicando en cada ocasión como
configurar cada cousa, e as vantaxes que nos presenta o software libre
en xeral e Linux en particular.
Ben espero que sirva.
Saudos a todos
Show replies by date
Alguén pode informarnos algo sobor da nosa colaboración coa XGN ??