¿Xogos baixo
linux? Eu faría mellor un torneo de Wesnoth, Nexuiz ou
Frozen-Bubble. Xogos libres e adictivos para diferentes gustos :D
Anotada queda a túa suxerencia. ¿Anímaste a facer o concurso?
Logo de enviar a resposta ca idea dinme conta de que ía ser bastante extraña a
miña participación pois vai moito tempo (falaríamos de meses tirando a anos)
que non escribo na lista. A cousa é que eu son un vigués expatriado en
Salamanca e se ando por esta lista é de cando non había foro e aproveitaba
para aclarar dúbidas preguntando a Mentor, Bruno ou Redy (que eran ós que
máis lle daba a lata).
Non me importaría axudar para montar o concurso se estivese por Vigo, pero
dende aquí, desde estas terras charras vexoo moi complicado. Así que non podo
máis que da-la idea e ofrecer os meus coñecementos sobre cómo vai o de montar
un server de wesnoth (aínda que sexa demasiado sinxelo como para necesitar
explicación) ou de cómo se podería organizar o torneo para que fose máis
divertido en canto selección de escenarios, posiblidades de equipos e esas
cousas (un 2v2 nos escenarios máis clásicos sería o que permitiría que as
partidas fosen rápidas e atraíntes á xente que non coñecese o xogo).
Eso en canto o Wesnoth, porque logo, ó nexuiz non teño case nengunha práctica
e o Frozen Bubble sería sinxelo de todo pois carece de moita configuración :D
Sinto non poder facer máis...
xiau!
iago