Ola:
On Fri, 5 Oct 2007 11:36:47 +0200
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com> wrote:
Estimados socios e colaboradores:
GALPon solicitou este ano dúas axudas á Dirección Xeral de Promoción
Industrial e Sociedade da Información para actividades de formación e
difusión do Software Libre:
Cursos de formación TIC de Software Libre (8 cursos cun total de 375 horas)
Cursos de formación Xeral de Software Libre (5 cursos cun total de 175 horas)
Ambalas dúas solicitudes foron desestimadas por "emenda" incorrecta á hora de
correxir a falla de documentación.
O motivo exacto é a falla de orzamentos detallados dos profesores dos cursos
coas horas e o importe a cobrar aínda que GALPon presentou unha folla coa
estimación dos gastos que tería por estes conceptos.
Sendo este inconvinte a causa da resolución definitiva non queda máis que
facer un recurso potestativo de reposición ante a DXSIPI no prazo dun mes
contados a partir do día da notificación da resolución definitiva (27
Setembro 2007).
En principio non se continuará o proceso para facer o recurso potestativo de
reposición e polo tanto o proxecto de formación empregando estas axudas queda
anulado.
Este error é única e exclusivamente responsabilidade da Asociación por non
realizar correctamente todos os trámites burocráticos sendo o presidente da
mesma o máximo responsable.
Agora, como presidente da Asociación, quero pedir disculpas a todas as persoas
que se ven afectadas pola anulación do proxecto de formación que comezamos
este ano. Todo o esforzo feito non servíu para nada. Esperemos que esta
situación non se volva a repetir en próximas ocasións.
Agradecer o interese de todas as persoas que enviaron os seus CV para
participar deste proxecto.
Agradecerte a ti as xestións e todo o teu tempo invertido. Seguro que o ano
que ven van a darnos uns cantos cursos.
Polo meu lado creo que debín ser máis específico co custe total (e iso que non son novato
precisamente)
Unha aperta e graciñas Presi!
(c) José A.
Sen máis polo momento, estou á vosa disposición para
aclarar calquera dúbida.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>