Ola a todo/as
Lembrámosvos que mañá entra en vigor o RXPD e que necesitamos os vosos
datos para poder manter a base de datos de socios.
Polo de agora fostes moi pouquiños os que nos enviaron a folla, a fin de
non volvernos parvos con todos os tramites, agradecémosvos que no las
enviedes canto antes.
Podedes aproveitar a ocasión en entregalos en man o próximo sábado.
Grazas.
Toca xuntanza o próximo sábado día 26
Para estar mais ao tanto destas cousas, sumádevos á canle de GALPon no
Telegram
https://t.me/galpon
@galpon
Quedamos a partires das 19.00 h na cafetería Spirit
Av. de Castrelos, 18, 36210 Vigo
geo:42.21946,-8.73318?z=19
https://osm.org/go/b9KgzWQKn?m=
Salientar que a asistencia ás xuntanzas de fin de mes non está restrinxida
á Xunta directiva ou aos socios. Calquera persoa que queira colaborar,
aportar ideas, ou simplemente cheirar nas cousas que queremos facer, pode
asistir libremente, incluído o debate da directiva.
M. A. Bouzada
Presidente
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Ola de novo.
Fago unha pequena corrección xa que non entendera ben a encomenda que me
fixera o Asesor de GALPon ao respecto.
Necesitamos, por causas legais, que actualicedes os datos e,
importantísimo, que asinedes dixitalmente ou manualmente o formulario,
concedendo autorización para o uso dos datos.
Como veredes no propio formulario, esta autorización é só para a
conservación dos datos a efectos de control e de notificación e información
da propia asociación, como ven sendo ata o de agora.
NOTA: Esquecede os formularios do fío anterior sobre este mesmo tema.
Grazas e desculpas.
Miguel A. Bouzada
Presidente de GALPon
Ola a todos:
Estamos a revisar o estado das altas e os datos dos socios de GALPon e
atopámonos co que creemos que son datos moi desactualizados.
A fin de que poidamos actualizalos ou, no seu caso, dar de baixa
definitivamente, agradecémosvos que nos enviedes o formulario anexo
debidamente cuberto.
Para cubrir o formulario de domiciliación anexo, podedes empregar «okular»
e incluso con «atril» sempre que teñades a precaución de «gardalo como
copia». En todos os casos, gardalo como «datos-NomeApelido.pdf» e envialo a
«secretario(a)galpon.xn--org-3ga
Moitas grazas!
Toca xuntanza o próximo sábado día 28
Para estar mais ao tanto destas cousas, sumádevos á canle de GALPon no
Telegram
https://t.me/galpon
@galpon
Quedamos a partires das 19.00 h na cafetería Spirit
Av. de Castrelos, 18, 36210 Vigo
geo:42.21946,-8.73318?z=19
https://osm.org/go/b9KgzWQKn?m=
Salientar que a asistencia ás xuntanzas de fin de mes non está restrinxida
á Xunta directiva ou aos socios. Calquera persoa que queira colaborar,
aportar ideas, ou simplemente cheirar nas cousas que queremos facer, pode
asistir libremente, incluído o debate da directiva.
M. A. Bouzada
Presidente
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Sabedes de alguén que poida impartir unhas clases particulares de C#
(orientado a Unity) para un estudante da uni?
Avisar nesta lista
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Miguel A. Bouzada Fernández, Presidnte do Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra, convoca a todos os socios a Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar
o SÁBADO, 17 DE MARZO, as 19:45 horas en primeira convocatoria, e as 20:15
en segunda convocatoria cun único punto na orde do día:
1.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2018
2.- Cambio de banco por suba nas comisións.
A asemblea terán lugar na cafetería «Sprint» das Travesas.
Prégase a asistencia de todos os socios (lembrar que para exercer o dereito
a voto, debe estarse ao día no pago da cota, lembrámosvos así mesmo que a
cota é por anos naturais).
Quen o desexe pode pedirlle a calquera membro da xunta unha copia das notas
que temos feitas analizando diferentes opcións.

Ola a todos.
Trala xuntanza da Xunta Directiva de GALPon celebrada no día de onte, teño
que informarvos que foi imposíbel que obtivera o consenso necesario para
sacar adiante a miña proposta de actividades para este ano.
Xa que considero que esa é a parte máis importante das miñas funcións como
presidente, considero que por esa falta de confianza nos meus plans de
actuación e a inmediata convocatoria da Xunta para presentar o noso plan de
actuación, véxome na obriga de solicitarlle ao Sr. Secretario que convoque
as asembleas anuais, especialmente a Extraordinaria, para a elección dunha
nova Xunta Directiva que elabore un novo plan de actuacións.
Salientar que eu non volverei concorrer como candidato a Presidente, polo
que será necesario que conformedes polo menos unha candidatura para cubrir
os catro postos necesarios, a saber: Presidente, Vicepresidente, Secretario
e Tesoureiro.
En Vigo a 28 de xaneiro