Hola gente:
Un amigo está buscando a alguien para modificar el firmware de un
aparatito, que usa software libre internamente. Por lo que me explicó,
es una especie de pantalla de papel electrónico que recibe datos por un
puerto serie.
Si hay alguien interesado, que se ponga en contacto conmigo.
--
Nos leemos
RASTER (Linux user #228804)
raster(a)rastersoft.com http://www.rastersoft.com
Recibimos a seguinte info:
Saúdos a todos,
A miña empresa actual MongoDB <https://github.com/mongodb/mongo> ten
abertas as seguintes posicións na oficina de Dublin:
Software Engineering Intern - Summer 2019 (EMEA) <https://grnh.se/b1683d871>
Technical Services Engineer (EMEA) <https://grnh.se/qtb8js1>
Database Server Engineer, Query <https://grnh.se/7696deec1>
Contactádeme sen problema se tedes algunha pregunta ou dúbida. Se estades
interesados podedes usalos links para facela solicitude.
Manuel Fotán García <manuel.fontan.garcia(a)gmail.com>
{name : "Manuel Fontan",
title : "Technical Services Engineer",
location : "Dublin, IE",
twitter : "@MongoDB",
facebook : "MongoDB"}
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
*Mapas libres na web a partires de 0*
Creando e integrando un mapa dinámico (Slippy Map
<https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Deploying_your_own_Slippy_Map>)
Vai algo máis dun mes que vos informamos do desenvolvemento deste
obradoiro, agora xa podemos concretarvos as datas, horarios e lugares.
Lugar e data:
Os obradoiros desenvolveranse dende as 10:00 ata as 18:30 da tarde (coa
correspondente pausa para xantar), nos locais de *A Industriosa
<http://aindustriosa.org/>*, na rúa *Barcelona nº 13*, 36203 *Vigo*, os
días *22* de *setembro* e *13* de *outubro*, ámbolos dous días caen en
sábado, como sempre,o acceso será de balde con inscrición obrigatoria e ata
o límite de prazas.
Inscricións:
Empregade *esta páxina de inscricións
<http://goo.gl/forms/ntfLTNdkyNLgtqnD3>* a fin de reservar praza e escoller
edición, o número de prazas por edición é de 20.
Nota: ámbalas dúas edicións serán iguais, facemos dúas só para dar cabida a
máis asistentes.
Podedes ver todos os detalles, así como un mapa de localización do local da
Industriosa en:
https://www.galpon.org/content/mapas-libres-na-web-partires-0
*Mapas libres na web a partires de 0*
Creando e integrando un mapa dinámico (Slippy Map
<https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Deploying_your_own_Slippy_Map>)
Unha vez máis, en GALPon estamos a artellar un obradoiro especializado
dirixido, pero non de xeito excluínte, a desenvolvedores e editores web.
Cada vez máis é necesario integrar algún mapa na web, ven sexa algo simple
como indicar unha localización/posición ou capas descritivas dunha
actividade humana, meteorolóxica, xeográfica, etc...
O máis frecuente e recorrer ao mapa privativo de Google Maps co uso da súa
API para integrar mapas nas publicacións.
A nosa intención e que os desenvolvedores e o público en xeral poidan
dispoñer de habilidades que lles permita usar os recursos libres
actualmente dispoñíbeis, maiormente baseados en *Open Street Maps*, pero
non só.
Unha das mais empregadas pola súa sinxeleza é *Leaflet*. Leaflet
<https://leafletjs.com/> converteuse nos últimos anos nunha das
alternativas mais empregadas para crear mapas interactivos con JavaScript,
a súa biblioteca é pequena polo que é recomendábel para aplicacións móbeis.
leaflet-mapsLeaflet, é un proxecto moi sólido que dispón dunha
documentación moi completa, isto faino unha alternativa moi apreciada polos
noveis, conta tamén cunha comunidade moi activa en internet, onde comparten
información e exemplos.
Outra alternativa é *OpenLayers3*. OpenLayers <http://openlayers.org/> é
unha biblioteca JavaScript liberada baixo a licenza BSD para compor mapas
dinámicos. Forma parte dos proxectos da Open Source Geospatial Foundation
<http://www.osgeo.org/>. Xunto con GeoExt é a combinación perfecta para
crear unha aplicación «web mapping».
Deste obradoiro faremos dúas edicións, cada unha terá unha duración de 6
horas, tres de mañá e tres de tarde, celebraráse en Vigo en dous sábados
ainda por determinar en datas comprendidas entre o 8 de setembro e o 20 de
outubro, e, como sempre, serán de balde e de libre acceso ata o límite de
prazas e con inscrición obrigatoria.
Aínda que non temos pechadas as datas nin o lugar, podedes ir facendo a
vosa (pre)inscrición a fin de reservar praza e escoller edición xa que as
prazas estarán limitadas a 20 por edición.
https://goo.gl/forms/ntfLTNdkyNLgtqnD3
Nota: ambas as edicións serán iguais, facemos dúas só para dar cabida a
máis asistentes.
Dirixirán o obradoiro:
-
Micho García (@michogar <https://twitter.com/michogar>)
-
Experto en desenvolvemento de aplicacións en entornos SIG baixo
diferentes linguaxes. - Geomatico - http://michogarcia.org/
-
Francisco Puga (@fpuga <https://twitter.com/fpuga>) fran.puga(a)gmail.com
-
Desenvolvedor en iCarto - http://icarto.es/
Coa colaboración de Xeoinquedos <http://xeoinquedos.wordpress.com/>
capítulo galego de Geoinquietos <http://geoinquietos.org/>
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Empresa do téxtil, tamaño medio, radicada na Coruña, busca técnico
informático con coñecementos ERP, o mantemento do sistema ERP (Odoo) pero
tamén levará os asuntos técnico/informáticos da empresa, sempre en entornos
GNU/Linux.
Contactar con: Luis Alberto Fernández, correo: xerencia(a)agasol.gal,
telegram: http://telegram.me/prusi @prusi
<https://web.telegram.org/#/im?p=%40prusi>
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Toca xuntanza o próximo sábado día 30
Para estar mais ao tanto destas cousas, sumádevos á canle de GALPon no
Telegram
https://t.me/galpon
@galpon
Dispoñemos tamén dunha sala en Matrix, #galpon:matrix.org, como GUI para
desktop ou teléfono, podedes empregar Riot.im https://about.riot.im/ ou a
web https://riot.im/app/#/room/#galpon:matrix.org. Estamos no proceso de
conectala con «slack» para acceder á sala de Vigotech
Quedamos a partires das 19.00 h na cafetería Spirit
Av. de Castrelos, 18, 36210 Vigo
[image: https://www.galpon.org/content/ultima-xuntanza-antes-vacacions]
<https://www.galpon.org/content/ultima-xuntanza-antes-vacacions>
preme na imaxe para ir á nova en galpon.org e navegar no mapa
geo:42.21946,-8.73318?z=19
Salientar que a asistencia ás xuntanzas de fin de mes non está restrinxida
á Xunta directiva ou aos socios. Calquera persoa que queira colaborar,
aportar ideas, ou simplemente cheirar nas cousas que queremos facer, pode
asistir libremente, incluído o debate da directiva.
M. A. Bouzada
Presidente
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
O Proxecto Oforte (www.oforte.net) busca profesores en Vigo e arredores
para ensinar algunha das seguintes tecnoloxías:
* Kubernetes
* Terraform
* Chef
* Puppet
* Saltstack
Se tes outro coñecemento nunha tecnoloxía actual (preferible software
libre), tamén é unha opción sempre que se chegue a un acordo.
O salario será negociado individualmente co profesor dependendo da
lonxitude e a complexidade do curso.
A linguaxe de ensino será castelán.
O método de ensino é online, o profesor grabará videos na nosa oficina nun
horario apropiado para él e nun periodo razoable. Os cursos venderanse na
plataforma Udemy.
Non é preciso experiencia anterior só ter desexo de ensinar, todo o
material para a grabación é proporcionado por Oforte e o equipo axudará en
todo momento.
Para máis información contacta con nós:
Correo: contacto(a)oforte.net
Teléfono: +34 661159648
Enderezo:
Avda Gran Vía 94
FormaCoworking. Oficina Oforte.
Vigo (Pontevedra)