Boas
O próximo sábado 27 de maio teremos a galponada de fin de mes.
Vémonos no bar Carballo 3 ás 18:00 (en Travesas).
A seguir, parrafada e cañas .
Mapa e GPS:
https://osm.org/go/b9KgzVw7L?layers=N&m=
geo:42.22017,-8.73362?z=19
Información de interese xeral para todos nós.
---------- Mensaxe reenviada ----------
De: Eventos Agasol <eventos(a)agasol.org>
Data: 13:28 do 18 de maio de 2017
Asunto: ASISTE A COLABORATIC 2017: SOFTWARE LIBRE E SECTOR RURAL
Para: eventos(a)agasol.org
*Co sector rural galego*
Porque o software libre ten moito que aportar ao sector rural.
Porque queremos amosar o mellor de nós.
Porque queremos escoitar experiencias de interese.
Porque queremos colaborar!
O vindeiro 16 de xuño de 2017 celebramos a xornada colaboraTIC.gal, un
espazo onde ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración
entre os eidos das tecnoloxías abertas e o tecido empresarial. Nesta
segunda edición, a xornada centrarase na *colaboración co eido rural*.
Contarase cun interesante grupo de profesionais e empresas que amosarán as
súas experiencias, tanto do que se ten feito como do que se pode facer. Se
che interesa escoitar e tamén falar da túa experiencia ou proxecto,
inscríbete aquí, a asistencia é de balde!
INSCRICIÓN <https://agasol.typeform.com/to/rX2QqX>
+ info en http://colaboratic.gal/
Para calquera consulta ou suxestión podes escribirnos a
eventos(a)agasol.org
LOPD
A posible información que puidese conter este comunicado, relacionada con
datos de carácter persoal, atópase amparada na LOPD 15/99, que compromete a
non utilizar estes datos para fins que non sexan os estritamente necesarios
para a realización do seu labor, engadindo ademais a absoluta
confidencialidade e exclusividade, quedando prohibida a calquera persoa a
súa revelación, copia, distribución ou o exercicio de calquera acción
relativa ao seu contido. Se recibe este e-mail erroneamente, rogamos
elimíneo de todos os seus arquivos.
--
eventos(a)agasol.org
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Como sempre que sacamos nova versión, aos que tendes maquinillos conectados
permanentemente (ou case) ao P2P de BitTorrent pedímosvos que nos fagades o
favor de facer sementeira da PicarOS. Algúns fixéstelo e agora quero
pedirvos que dispoñades a nova imaxe descargándoa co torrent:
http://minino.galpon.org/ISO/picaros_diego_2017.iso.torrent
Tamén podedes empregar o magnet:
magnet:?xt=urn:btih:b9b3f00b6affc463465bedbda4731c043cd5a326&dn=picaros%5Fdiego%5F2017.iso&tr=http%3A%2F%2Fpastebin.com%2Fp2vwsPG1&tr=http%3A%2F%
2Ftracker.torrent.to%3A2710%2Fannounce.php
<http://minino.galpon.org/ISO/picaros-diego-b.iso.torrent> A anterior
versión (2015_01) agardade a que non haxa descargas para retirala.
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Isaac Abreu Rodríguez Secretario do Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra,
a indicación do Sr. Presidente, convoca a todos os socios a Asemblea Xeral
Ordinaria a celebrar o SÁBADO, 29 DE ABRIL, as 18:30 horas en primeira
convocatoria, e as 19:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2016
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2017
Así mesmo, convócase na mesma data SÁBADO, 29 DE ABRIL, a Asemblea Xeral
Extraordinaria as 19:30 en primeira convocatoria e as 20:00 en segunda
convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta
Directiva por impago de cotas.
As Asembleas terán lugar na cafetería «Carballo3» das Travesas.
Prégase a asistencia de todos os socios (lembrar que para exercer o dereito
a voto, debe estarse ao día no pago da cota, lembrámosvos así mesmo que a
cota é por anos naturais).
O próximo sábado 25 temos que vernos para preparar a asemblea xeral, que
tiña que terse xa convocado, para facela a mediados/finais de abril.
Repaso á situación procesual da presentación da solicitude do convenio.
As 16:30 a directiva (e quen queira asistir) e a partires das 19:30 cañas
de faladoiros :-)
Como ultimamente no Carballo 3 (nas Travesas)
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Bos días:
Envíovos unha petición da empresa Egatel que está á procura dunha persoa que
poida dar un curso de temática GNU/Linux embebido.
Xúntovos o temario que debería dar esta persoa en aproximadamente 350 horas.
Para calquera dúbida ou información que teñades, por favor, poñédevos en
contacto co responsable da empresa para esta acción formativa:
Luis Hermida[1]
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
--------
[1] mailto:lhermida@egatel.es
Hola gente:
Un colega está buscando a alguien con conocimientos en C, Arduino y
programación a bajo nivel en general, para una oferta de trabajo. Si
alguien está interesado/a le puedo poner en contacto con él.
Un saludo.
--
Nos leemos
RASTER (Linux user #228804)
raster(a)rastersoft.com http://www.rastersoft.com