Boas tardes:
Revisando os equipos de Cidadanía vemos que 6 equipos seguen coa versión de
Ubuntu 10.04.4 LTS e 1 está coa versión 12.04 LTS.
Temos que proceder a actualizar os sistemas a Debian 7 para unificar o
mantemento e instalar os programas máis recentes.
Como é un procedemento crítico terémolo que facer na oficina de Tegnix en Vigo
e polo menos un par de días como máximo por equipo. Recomendamos
ENCARECIDAMENTE que fagades copia de seguridade dos datos nun medio externo ou
no servidor de Cidadanía antes de que recollamos nós o equipo para evitar
males maiores.
Habería posibilidade de que recolla eu os equipos ou os enviedes vós por algún
medio? Non teñen por que enviarse todos á vez, pode ir por quendas ou cando
vos veña mellor.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------------------------------
Carlos Rodríguez carlos.rodriguez(a)tegnix.com
C.T.I. TEGNIX, S.L. B-15.990.013
Telf. (+34) 886 122 307
Móvil (+34) 622 337 447
-----------------------------------------------------------------
Show replies by date