Boas tardes,
Co cambio de nome a Librebit levamos a cabo varias melloras e cambios no
servidor de correo.
* Dispoñemos dun certificado SSL de pago no servidor mail.librebit.com.
Isto quere dicir que se tedes algún problema o configurar a conta de
correo nun dispositivo (móbil, tableta, ordenador) sempre podedes
empregar o servidor
mail.librebit.com
Tanto coma servidor de entrada como de saída.
Recordade que a configuración recomendada para o servidor de saída é o
porto 465 e para o servidor de entrada o porto 993. En ámbolos dous
casos a seguridade debe ser SSL/TLS.
* Reforzamos os filtros anti-spam e activamos un sistema que aprende co
tempo a filtrar os correos lixo en función dos que atope no cartafol
"Spam". Por iso e recomendable que NON borredes este tipo de correos. É
máis efectivo movelos ó cartafol correspondente.
Naturalmente se un correo válido remata en Spam debido a un falso
positivo pódese evitar que volva a suceder se o movedes a outro cartafol
coma por exemplo a bandexa de entrada.
* O servidor de correo borra automaticamente os correos máis antigos ca
365 días do cartafol Papeleira (Trash) e os de máis de 60 días do
cartafol Spam.
Por favor, preguntade se tedes algunha dúbida e para calquera problema
enviade un correo a incidencias(a)librebit.com
Un saúdo.
--
-------------------------------------------------------------
Cosme Domínguez Díaz cosme(a)librebit.com
Librebit B-15.990.013
Telf. (+34) 886 122 307
-------------------------------------------------------------
Boas tardes:
Os nosos sistemas detectaron un erro na marcaxe de correo lixo (SPAM) que
afectou ás súas contas de correo.
Por favor, revise a súa bandexa de correo lixo por se houbera mensaxes válidos
marcados erroneamente. Só afecta a correos recibidos dende o pasado día 7 de
Xaneiro (mércores) ata hoxe, 9 de Xaneiro (venres) ás 16:10h.
Desculpe as molestias ocasionadas.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------------------------------
Carlos Rodríguez carlos.rodriguez(a)tegnix.com
C.T.I. TEGNIX, S.L. B-15.990.013
Telf. (+34) 886 122 307
Móvil (+34) 622 337 447
-----------------------------------------------------------------
Boas tardes:
Acabamos de realizar o traslado de información entre os equipos «sobr-rosa» e
«sobr-luisa».
Ademais cambiamos os nomes entre eles, pasando a ser o equipo máis potente o
de «sobr-rosa» e o equipo máis antigo a «sobr-luisa».
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------------------------------
Carlos Rodríguez carlos.rodriguez(a)tegnix.com
C.T.I. TEGNIX, S.L. B-15.990.013
Telf. (+34) 886 122 307
Móvil (+34) 622 337 447
-----------------------------------------------------------------
Bos días:
Sobre as 15h de hoxe realizaremos unha parada técnica no servidor de Samba
para ampliar capacidade. Por favor, gardade todos os datos antes.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------------------------------
Carlos Rodríguez carlos.rodriguez(a)tegnix.com
C.T.I. TEGNIX, S.L. B-15.990.013
Telf. (+34) 886 122 307
Móvil (+34) 622 337 447
-----------------------------------------------------------------
Bos días:
Debido a unha incidencia que ten Rosa no seu equipo precisamos que nos
fagades unha verificación sinxela: comprobar a memoria RAM do equipo.
O procedemento é o seguinte:
1.- Descargar a imaxe ISO de SysRCD dende:
http://downloads.sourceforge.net/project/systemrescuecd/sysresccd-x86/4.4.1…
2.- Grabala nun CD
3.- Reiniciar o equipo e arrancar dende o CD
4.- Escoller a opción de
A) Run system tools from floppy disk image...
5.- A continuación escolledes a opción
MEMTEST
6.- Logo dun tempo (poden ser un par de horas) dará o resultado.
Por favor, poñédevos en contacto connosco se tedes algunha dificultade.
Un cordial saúdo,
--
---------------------------------------------------------
Carlos Rodríguez carlos.rodriguez(a)tegnix.com
TEGNIX B-15.990.013
Telf. (+34) 886 122 307
Móvil (+34) 622 337 447
---------------------------------------------------------
Boas tardes:
Logo dos problemas acontecidos coas últimas versións de LibreOffice imos
realizar unha marcha atrás, á versión estable corporativa [1]
Isto significa que durante a actualización vaise desinstalar a actual e
instalar a estable.
Falando con Antón, recomendounos programar este cambio para o venres tarde.
Así que a partires de entón, activaremos o cambio e os equipos conectados a
Internet procederán a descargar, desinstalar e instalar o LibreOffice
corporativo.
Desculpade novamente as molestias.
Un cordial saúdo,
[1] https://es.libreoffice.org/descarga/libreoffice-estable/
--
-----------------------------------------------------------------
Carlos Rodríguez carlos.rodriguez(a)tegnix.com
C.T.I. TEGNIX, S.L. B-15.990.013
Telf. (+34) 886 122 307
Móvil (+34) 622 337 447
-----------------------------------------------------------------
Sí
Enviado desde mi HTC
----- Reply message -----
De: "Carlos Rodriguez" <carlos.rodriguez(a)tegnix.com>
Para: <cidadania(a)listas.tegnix.com>
Asunto: [Cidadania] Probas do cableado da oficina de Cidadanía
Fecha: jue., abr. 10, 2014 19:12
Boas tardes:
Mañá pola tarde irei pola oficina de Cidadanía para revisar o cableado de rede
por se houbera algún problema no mesmo xa que temos varias incidencias
recorrentes abertas.
Haberá alguén pola tarde?
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------------------------------
Carlos Rodríguez carlos.rodriguez(a)tegnix.com
C.T.I. TEGNIX, S.L. B-15.990.013
Telf. (+34) 886 122 307
Móvil (+34) 622 337 447
-----------------------------------------------------------------
Boas tardes:
Mañá pola tarde irei pola oficina de Cidadanía para revisar o cableado de rede
por se houbera algún problema no mesmo xa que temos varias incidencias
recorrentes abertas.
Haberá alguén pola tarde?
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------------------------------
Carlos Rodríguez carlos.rodriguez(a)tegnix.com
C.T.I. TEGNIX, S.L. B-15.990.013
Telf. (+34) 886 122 307
Móvil (+34) 622 337 447
-----------------------------------------------------------------
Bos días:
Hoxe á mañá informáronnos que a conta de correo de jorge.fente(a)cidadania.coop
foi vulnerada. Esta conta foi empregada por diferentes IP estranxeiras para
enviar SPAM dende o servidor mail.tegnix.com sendo bloqueado polo noso
provedor de servizos OVH como medida cautelar.
Inmediatamente cambiámoslle a contrasinal a unha máis forte para evitar este
problema e reactivamos o servizo de envío de correo.
Coido que Guillermo dixérame algo de que Jorge xa non traballaba en Cidadanía
ou algo similar. Se é así, por favor, enviade un correo a
incidencias(a)tegnix.com notificando do cambio.
Desculpade as molestias.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------------------------------
Carlos Rodríguez carlos.rodriguez(a)tegnix.com
C.T.I. TEGNIX, S.L. B-15.990.013
Telf. (+34) 886 122 307
Móvil (+34) 622 337 447
-----------------------------------------------------------------
O luns falamos. Isto temos que programalo ven vos xente
Enviado desde mi HTC
----- Reply message -----
De: "Carlos Rodriguez" <carlos.rodriguez(a)tegnix.com>
Para: <cidadania(a)listas.tegnix.com>
Asunto: [Cidadania] Actualización da versión do Sistema operativo dos equipos persoais.
Fecha: vie., ene. 17, 2014 17:16
Boas tardes:
Revisando os equipos de Cidadanía vemos que 6 equipos seguen coa versión de
Ubuntu 10.04.4 LTS e 1 está coa versión 12.04 LTS.
Temos que proceder a actualizar os sistemas a Debian 7 para unificar o
mantemento e instalar os programas máis recentes.
Como é un procedemento crítico terémolo que facer na oficina de Tegnix en Vigo
e polo menos un par de días como máximo por equipo. Recomendamos
ENCARECIDAMENTE que fagades copia de seguridade dos datos nun medio externo ou
no servidor de Cidadanía antes de que recollamos nós o equipo para evitar
males maiores.
Habería posibilidade de que recolla eu os equipos ou os enviedes vós por algún
medio? Non teñen por que enviarse todos á vez, pode ir por quendas ou cando
vos veña mellor.