Boletín trimestral de novas de Cidadania Sociedade Cooperativa.
¿As imaxes non se ven correctamente? Engade boletin(a)info.cidadania.coop
<mailto:boletin@info.cidadania.coop> a tua axenda agora.
ou mira a versión en liña <[SHOWEMAIL]>.
Orzamentos participativos de Ferrol
O concello de Ferrol ten decidido continuar co proceso de orzamentos
participativos que se ten iniciado no ano 2009, e ten depositado a súa
confianza en Cidadania para que coordine este proceso de participación.
Para conseguir unha maior implicación e participación do conxunto dos
cidadáns, tense deseñado diferentes procedementos que dean cabida ás
preferencias e necesidades das diferentes zonas e barrios da cidade.
Outro dos aspectos novidosos é que se prorroga o deseño e execución das
accións para os anos 2011 e 2012. Así no primeiro ano recolleranse e
sistematizaranse as diferentes achegas dos cidadáns, para posteriormente
no segundo ano ser aprobadas e ratificadas polas diferentes entidades
participantes e o pleno do concello.
A cohesión e implicación do tecido asociativo xunto coa implicación do
concello son os principais elementos de garantía dun proceso exitoso
para o conxunto da cidade de Ferrol.
Séguenos en Facebook <*%7CFACEBOOK:PROFILEURL%7C*>
Blogue <*%7CTWITTER:PROFILEURL%7C*>
Website <*%7CTWITTER:PROFILEURL%7C*>
Enviar a un amigo <*%7CFORWARD%7C*>
Libro Democracias Participativas
O papel das cooperativas e a economía social como unha alternativa a
modelos económicos en crise ven de ser destacado por Cidadania na
publicación 'Democracias participativas y desarrollo local', editada
pola Deputación de Málaga. En concreto, é responsable do artigo
"Cooperativismo e economía social: experiencias para o desenvolvemento
local", o cal vai asinado por unha das nosas socias Ana Rosa Lorenzo Vila.
NEA-2
A nosa cooperativa ten colaborado coa Consellería do Mar no
desenvolvemento dun diagnóstico sobre o sector náutico en Galicia dentro
do marco do proxecto de cooperación transnacional *NEA2*. Neste proxecto
participan 23 socios de oito rexións europeas: Irlanda, South-West,
Basse-Normandie, Bretagne, Pays de la Loire, Galicia, Portugal, e
Andalucia, e ten como obxectivo principal o desenvolvemento de
actividades náuticas coordinadas dentro do Espazo Atlántico.
O diagnóstico foi realizado a través dun conxunto de enquisas a
empresas, clubes e portos deportivos de Galicia, e dunha consulta de
información de carácter socioeconómico. Esta análise permite realizar
unha comparación entre o sector naútico galego e o das outras rexións
integradas dentro do proxecto NEA2, ao empregar un marco de indicadores
comúns para todos os territorios.
As iniciativas e accións vinculadas a este proxecto de cooperación
pretenden sitúar o Espazo Atlántico como un polo de referencia no plano
internacional para o desenvolvemento sostible do sector náutico de
recreo. Para a consecución destes fins é preciso deseñar e aplicar
proxectos comúns, afondar nos sinais de idéntidade configurados a través
do vínculo natural do océano, e apostar decididamente pola protección do
medioambiente.
Rede EuSumo
A Rede EuSumo é un proxecto promovido pola Dirección Xeral de Relacións
Laborais da Consellería de Traballo e Benestar e que conta coa
colaboración das Asociacións de Cooperativas e Sociedades Laborais, así
como doutras entidades e axentes locais. O seu obxectivo fundamental é
promover o sector da economía social en todo o territorio de Galicia e
impulsar a súa presenza destacada no mesmo.
Entre os seus principais obxectivos destacan o de informar e
sensibilizar ao conxunto da sociedade sobre o valor da economía social,
apoiar ás persoas emprendedoras e ás empresas de economía social
mediante a oferta de diversos servizos de información especializada e
asesoramento, e promover en xeral a economía social entre os axentes
sociais e económicos.
Para a dinamización e coordinación deste proxecto licitouse un concurso
público nos que resultou adxudicatario a cooperativa Xedega, que contaba
coa colaboración das cooperativas Ardora e Cidadania.
Coop 57
A organización *Coop 57* é un proxecto de finanzas éticas e solidarias
que recolle aforro de cidadáns e iniciativas sociais para financiar
entidades de economía social e solidaria. Os días 21, 22 e 23 vai
celebrar un encontro estatal en Barcelona onde se tentará dar resposta
ás seguintes preguntas: que papel debe xogar a economía social e
solidaria?, cómo se pode combinar o crecemento coa preservación dun
modelo de funcionamento democrático, participativo e autoxestionario?,
cómo se pode contribuír a transformar a economía e a sociedade desde a
actividade financeira?. Cidadania forma parte da Sección Territorial de
Galicia e terá unha presenza activa nesta xuntanza.
seguir en Facebook | seguir en Twitter | enviar a un amigo
*Cidadania S. Coop. Galega*
Corredoira das Fraguas, 5, 1º Izq.
Santiago de Compostela (A Coruña)
cidadania(a)cidadania.coop <mailto:cidadania@cidadania.coop>
www.cidadania.coop <http://www.cidadania.coop>
unsubscribe from this list <*%7CUNSUB%7C*> | update subscription
preferences <*%7CUPDATE_PROFILE%7C*>