¿As imaxes non se ven correctamente? Engade boletin(a)info.cidadania.coop
<mailto:boletin@info.cidadania.coop> a tua axenda agora.
ou mira a versión en liña <[SHOWEMAIL]>.
Cidadania S. Coop. Galega 1 de Outubro, 2011
Blog <http://cidadania.blogaliza.org> Web <http://cidadania.coop>
<http://facebook.com/cidadania.coop> <[FORWARD]>
*Publicación sobre democracia participativa*
O papel das cooperativas e a economía social como unha alternativa a
modelos económicos en crise ven de ser destacado por Cidadania na
publicación 'Democracias participativas y desarrollo local', editada
pola Deputación de Málaga. En concreto, é responsable do artigo
"Cooperativismo e economía social: experiencias para o desenvolvemento
local", o cal vai asinado por unha das nosas socias Ana Rosa Lorenzo Vila.
NEA-2 <#>
A nosa cooperativa ten colaborado coa Consellería do Mar no
desenvolvemento dun diagnóstico sobre o sector náutico en Galicia dentro
do marco do proxecto de cooperación transnacional NEA2. Neste proxecto
participan 23 socios de oito rexións europeas: Irlanda, South-West,
Basse-Normandie, Bretagne, Pays de la Loire, Galicia, Portugal, e
Andalucia, e ten como obxectivo principal o desenvolvemento de
actividades náuticas coordinadas dentro do Espazo Atlántico. O
diagnóstico foi realizado a través dun conxunto de enquisas a empresas,
clubes e portos deportivos de Galicia, e dunha consulta de información
de carácter socioeconómico. Esta análise permite realizar unha
comparación entre o sector naútico galego e o das outras rexións
integradas dentro do proxecto NEA2, ao empregar un marco de indicadores
comúns para todos os territorios. As iniciativas e accións vinculadas a
este proxecto de cooperación pretenden sitúar o Espazo Atlántico como un
polo de referencia no plano internacional para o desenvolvemento
sostible do sector náutico de recreo. Para a consecución destes fins é
preciso deseñar e aplicar proxectos comúns, afondar nos sinais de
idéntidade configurados a través do vínculo natural do océano, e apostar
decididamente pola protección do medioambiente.
*COOP57*
A organización Coop 57 é un proxecto de finanzas éticas e solidarias que
recolle aforro de cidadáns e iniciativas sociais para financiar
entidades de economía social e solidaria. Os días 21, 22 e 23 vai
celebrar un encontro estatal en Barcelona onde se tentará dar resposta
ás seguintes preguntas: que papel debe xogar a economía social e
solidaria?, cómo se pode combinar o crecemento coa preservación dun
modelo de funcionamento democrático, participativo e autoxestionario?,
cómo se pode contribuír a transformar a economía e a sociedade desde a
actividade financeira?. Cidadania forma parte da Sección Territorial de
Galicia e terá unha presenza activa nesta xuntanza.
**
** <#>
*Rede EuSumo* <#>
A Rede EuSumo é un proxecto promovido pola Dirección Xeral de Relacións
Laborais da Consellería de Traballo e Benestar e que conta coa
colaboración das Asociacións de Cooperativas e Sociedades Laborais, así
como doutras entidades e axentes locais. O seu obxectivo fundamental é
promover o sector da economía social en todo o territorio de Galicia e
impulsar a súa presenza destacada no mesmo. Entre os seus principais
obxectivos destacan o de informar e sensibilizar ao conxunto da
sociedade sobre o valor da economía social, apoiar ás persoas
emprendedoras e ás empresas de economía social mediante a oferta de
diversos servizos de información especializada e asesoramento, e
promover en xeral a economía social entre os axentes sociais e
económicos. Para a dinamización e coordinación deste proxecto licitouse
un concurso público nos que resultou adxudicatario a cooperativa Xedega,
que contaba coa colaboración das cooperativas Ardora e Cidadania.
Orzamentos participativos de Ferrol <#>
O concello de Ferrol ten decidido continuar co proceso de orzamentos
participativos que se ten iniciado no ano 2009, e ten depositado a súa
confianza en Cidadania para que coordine este proceso de participación.
Para conseguir unha maior implicación e participación do conxunto dos
cidadáns, tense deseñado diferentes procedementos que dean cabida ás
preferencias e necesidades das diferentes zonas e barrios da cidade.
Outro dos aspectos novidosos é que se prorroga o deseño e execución das
accións para os anos 2011 e 2012. Así no primeiro ano recolleranse e
sistematizaranse as diferentes achegas dos cidadáns, para posteriormente
no segundo ano ser aprobadas e ratificadas polas diferentes entidades
participantes e o pleno do concello. A cohesión e implicación do tecido
asociativo xunto coa implicación do concello son os principais elementos
de garantía dun proceso exitoso para o conxunto da cidade de Ferrol.
*Cidadania S. Coop. Galega*
Corredoira das Fraguas, 5, 1º Izq.
Santiago de Compostela (A Coruña)
cidadania(a)cidadania.coop <mailto:cidadania@cidadania.coop>
www.cidadania.coop <http://www.cidadania.coop>
Para garantir que este boletín chega ao seu correo, por favor engada
boletin(a)info.cidadania.coop <mailto:boletin@info.cidadania.coop> a súa
libreta de direccións. Se prefire non recibir novas de Cidadania S.
Coop. Galega no futuro, pode desuscribirse aquí <[UNSUBSCRIBE]>.