¿As imaxes non se
ven correctamente? Engade boletin@info.cidadania.coop
a tua axenda agora.
ou mira a versión en liña. |
 |
1 de Outubro, 2011 |
|
|
 |
Publicación
sobre democracia
participativa
O papel das
cooperativas e a
economía social como
unha alternativa a
modelos económicos en
crise ven de ser
destacado por Cidadania
na publicación
‘Democracias
participativas y
desarrollo local’,
editada pola Deputación
de Málaga. En concreto,
é responsable do artigo
“Cooperativismo e
economía social:
experiencias para o
desenvolvemento local”,
o cal vai asinado por
unha das nosas socias
Ana Rosa Lorenzo Vila.
|
|
NEA-2
A nosa cooperativa ten
colaborado coa Consellería do
Mar no desenvolvemento dun
diagnóstico sobre o sector
náutico en Galicia dentro do
marco do proxecto de cooperación
transnacional NEA2. Neste
proxecto participan 23 socios de
oito rexións europeas: Irlanda,
South-West, Basse-Normandie,
Bretagne, Pays de la Loire,
Galicia, Portugal, e Andalucia,
e ten como obxectivo principal o
desenvolvemento de actividades
náuticas coordinadas dentro do
Espazo Atlántico. O diagnóstico
foi realizado a través dun
conxunto de enquisas a empresas,
clubes e portos deportivos de
Galicia, e dunha consulta de
información de carácter
socioeconómico. Esta análise
permite realizar unha
comparación entre o sector
naútico galego e o das outras
rexións integradas dentro do
proxecto NEA2, ao empregar un
marco de indicadores comúns para
todos os territorios.
As iniciativas e accións
vinculadas a este proxecto de
cooperación pretenden sitúar o
Espazo Atlántico como un polo de
referencia no plano
internacional para o
desenvolvemento sostible do
sector náutico de recreo. Para a
consecución destes fins é
preciso deseñar e aplicar
proxectos comúns, afondar nos
sinais de idéntidade
configurados a través do vínculo
natural do océano, e apostar
decididamente pola protección do
medioambiente.
|
|
COOP57
A organización Coop 57 é un
proxecto de finanzas éticas e
solidarias que recolle aforro de
cidadáns e iniciativas sociais
para financiar entidades de
economía social e solidaria. Os
días 21, 22 e 23 vai celebrar un
encontro estatal en Barcelona
onde se tentará dar resposta ás
seguintes preguntas: que papel
debe xogar a economía social e
solidaria?, cómo se pode
combinar o crecemento coa
preservación dun modelo de
funcionamento democrático,
participativo e
autoxestionario?, cómo se pode
contribuír a transformar a
economía e a sociedade desde a
actividade financeira?.
Cidadania forma parte da Sección
Territorial de Galicia e terá
unha presenza activa nesta
xuntanza.
|
Rede EuSumo
A Rede EuSumo é un proxecto
promovido pola Dirección Xeral
de Relacións Laborais da
Consellería de Traballo e
Benestar e que conta coa
colaboración das Asociacións de
Cooperativas e Sociedades
Laborais, así como doutras
entidades e axentes locais. O
seu obxectivo fundamental é
promover o sector da economía
social en todo o territorio de
Galicia e impulsar a súa
presenza destacada no mesmo.
Entre os seus principais
obxectivos destacan o de
informar e sensibilizar ao
conxunto da sociedade sobre o
valor da economía social, apoiar
ás persoas emprendedoras e ás
empresas de economía social
mediante a oferta de diversos
servizos de información
especializada e asesoramento, e
promover en xeral a economía
social entre os axentes sociais
e económicos. Para a
dinamización e coordinación
deste proxecto licitouse un
concurso público nos que
resultou adxudicatario a
cooperativa Xedega, que contaba
coa colaboración das
cooperativas Ardora e Cidadania.
|
|
 |
Orzamentos participativos de
Ferrol
O
concello de Ferrol ten decidido
continuar co proceso de orzamentos
participativos que se ten iniciado no
ano 2009, e ten depositado a súa
confianza en Cidadania para que coordine
este proceso de participación. Para
conseguir unha maior implicación e
participación do conxunto dos cidadáns,
tense deseñado diferentes procedementos
que dean cabida ás preferencias e
necesidades das diferentes zonas e
barrios da cidade.
Outro dos aspectos novidosos é que se
prorroga o deseño e execución das
accións para os anos 2011 e 2012. Así no
primeiro ano recolleranse e
sistematizaranse as diferentes achegas
dos cidadáns, para posteriormente no
segundo ano ser aprobadas e ratificadas
polas diferentes entidades participantes
e o pleno do concello. A cohesión e
implicación do tecido asociativo xunto
coa implicación do concello son os
principais elementos de garantía dun
proceso exitoso para o conxunto da
cidade de Ferrol.
|
Cidadania S. Coop. Galega
Corredoira das Fraguas, 5, 1º Izq.
Santiago de Compostela (A Coruña)
cidadania@cidadania.coop
www.cidadania.coop
|
|
Para garantir que
este boletín chega ao seu correo, por favor engada boletin@info.cidadania.coop
a súa
libreta de direccións. Se prefire non recibir novas
de Cidadania S. Coop. Galega no futuro, pode desuscribirse aquí. |
|