Faltaría mais, estamos aiqui para falar. Entendo moi
ben a túa postura,
pero creo que nos estamos desviando do tema. Cada un pode empregar o
sistema que lle veña en gana (faltaria máis). O caso de Faro é un dos
moitos que por desgracia prima mais o mamoneo que o tecnolóxico. Desde
logo, non serei eu quen poña antes un windows que un derivado de Unix
(que todos sabemos as vantaxes que ten). Pero con referencia ao tema que
nos ocupa penso que:
1º Desde unha asociación de amigos de Linux (que deberia chamarse mellor
"dos software libre") penso que se debe PROMOVER o uso e desenvolvemento
do software libre, e de aqueles que o promoven. Nunca promocionar ou
promover o privativo e aqueles que o promocionan ou desenvolven.
2º O Software libre non é un tema técnico ou de rendemento laboral ou
económico. Esto son "danos colaterais". O fondo do software libre é
ético, moral. Polo tanto, debe prevalecer sobre os eidos anteriormente
citados.
Porque se non, por esa regla de tres, non me comeria a cabeza en
instalar un GNU/Linux no meu portatil, porque co windows que ven de
fabrica (sen tocar nada) xa funciona.
Conclusion: Que MAC sexa estable e bonito non o fai bo. (Somentes é a
miña maneira de pensar)
+1