Dende hai uns dias, creo que por mor dunha actualización, ningún dos Ubuntu
que manexo, nin o 7.04 da casa (para probas) nin o 7.10 do GRUVI montan
doadamente un USB (vfat), agora o montan como "ro", so lectura e non hai
forma, nin modificando nas propiedades que se abren sobre a icona, nin
xerando un novo punto de montaxe (/media/usb) no fstab con todolos
parámetros.
O que me chama máis a atención e que despois de xerar un novo punto de
montaxe así:
/dev/sda1 /media/usb vfat
rw,user,noauto,nosuid,nodev,shortname=mixed,uid=1000,utf8,umask=077 0 0
segue a montarme a icona co nome "KINGSTON"
nas propiedades da icona modifiquei as opción de montaxe (en Volumen) así:
rw nosuid nodev uid=1000 gid=1000 fmask=0077 dmask=077 codepage=cp437
iocharset=iso8859-1 shortname=mixed utf8
pero empeñase en montalo así:
ro nosuid nodev uid=1000 gid=1000 fmask=0077 dmask=077 codepage=cp437
iocharset=iso8859-1 shortname=mixed utf8
probei tamén con todalas variables de chmod, -R , ugo+rw, 666, 766, etc...
non hai maneira, e imposible escribir nada no lapis.
Si alguen atopa algunha solución que informe, en google é un tema debatido
pero ninguén atopou solución, alomenos que eu a atopara.
Nota importante:
Ata hai 5 ou 6 días non existia problema ningún, montaba doadamente e estaba
todolos dias carrexando datos dun Ubuntu para outro, e non está morto o
lapis, nunha Etch +KDE, no "maldito" e no MacOSX vai perfectamente.