Ola a todos,
Na última reunión acordouse mover a quedada do mes de Xullo ó día 18,
por ser o último sábado de mes festivo (día 25) e ademáis celebrarse
o Festigal[0].
Aproveitando o período estival e para fomentar un pocuco a
participación pensamos en celebrar unha BarCamp[1]. Varios socios
propuxeron temas para tratar:
* Paquetes binarios vs compilar desde fontes
* Arquitectura ARM (ungoliant)
* Creación dun proxecto sinxelo con Mono (caligari)
* Creación dun punteiro laser co mando da Wii. (bouzada)
Se alguén quere engadir (ou modificar) algo, que aproveite . . . de
todas maneiras será algo aberto, e iremos abrindo e pechando temas a
discreción.
Saúdos!
[0]
http://www.festigal.com/
[1]
http://es.wikipedia.org/wiki/BarCamp
--
Adrián Boubeta elboube(a)gmail.com