2009/4/13 Rafa Couto <rafacouto(a)gmail.com>
Remito a xunta o resumo elaborado por Denís(GLUG) da xunta de guls
celebrada en Santiago.
O xeito exacto de articular esta entidade (unha federación de
asociacións, unha nova asociación, un encontro
informal ou o que
remate por ser) está aberta a debate,
Entendo que unha confederación pode ser unha asociación nova que agrupa ás
outras, para con isto, ter personalidade xurídica para poder poñer cousas a
nome dela e evitar o feito de que mancomun era ou é "unha pantasma" (de aí
que a marca galinux se puxera a nome dun particular).
Con esta fin acordouse crear unha rolda de correo
pechada onde estarán
representados cada un dos colectivos interesados en participar no
proceso constituínte.
Penso que a lista pechada non é bo para manter transparencia e non
explicades a pretensión de facelo en pechado. Xa se discutira na actual
lista de GULS que se prefería en aberto e incluso algúns querían que non só
pertenceran os GULS.
Verás que se fala do proceso constituinte, non dun xeito de traballo
predefinido cara o futuro. Faise así (ou así o entendo eu) para cinguir as
opinións ós intereses das entidades que esten a prol da constitución do
"chamese/sexa o que se decida".
Como opinión persoal, as individualidades non deben estar presentes nunha
entidade deste tipo, xa que podería darse o caso de que houbera 7 (por
poñer) grupos/proxectos e 43 "non aliñados" o que faría deste "o que
sexa"
algo non operativo.
O que si creo é que debe ser con firmas GPG e sen
anónimos. Hai xente que
non está nas directivas e pode aportar cousas sen ser filtrados ou teren que
molestar a xunta directiva á que pertence (ou varias)...
Para iso estarán as listas de "o que sexa"
Sigo coas opinións personais...
Outra cousa será o "debate" dentro desa "entidade" que creo que debe
ser en
lista pechada é que, como é habitual no noso contorno, terán en conta
tódalas aportacións, cheguen de onde cheguen. Aínda que en caso de conflicto
terán predominancia as aportacións encamiñadas ó través dos grupos/proxectos
integrantes.
Ademáis de que non se pode asegurar "confidencialidade" e poría unha man
que sairán correos reenviados cando interese. Tamén está que os que
apareceron en nome de GULS é moi posible que non estean autorizados pola súa
directiva, e algúns guls puideron ir a xuntanza...
Nesta xuntanza "informal" non habia restriccións de ningún tipo, se vos
fixades habia tres persoas do noso grupo que (por operatividade) decidimos
que cada un falase como integrante dun grupo/proxecto no que colabora. Agora
xa terá que ser cada grupo/proxecto o que "faga oficial" o/s seu/s
representante/s.
Nada do que se falou e "vinculante" e pode darse o caso de que
grupos/proxectos que estaban presentes (que non representados) non se
engadan ó "que sexa" e que grupos/proxectos que por calquera razón non tiñan
a ningún menbro alí presente si se apunten a este intento de colaboración.
Respecto a confidencialidade, ven de dimitir o (ou un) xefe de policia
britanica ... todos sabemos que a confidencialidade ven da confianza...
Saúdos, RC
--
Rafa Couto -
http://caligari.treboada.net
GNU/Linux user #99126 -
http://counter.li.org
_______________________________________________
GALPon mailing list
GALPon(a)listas.galpon.org
https://listas.galpon.org/cgi-bin/mailman/listinfo/galpon
--
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx