Tal día coma hoxe fai 4 anos, un grupo de frikies reuniuse na casa dunha
asociación de veciños en Vigo para formar un novo LUG en Galicia, o Grupo de
Amigos de Linux de Pontevedra, GALPon.
Hoxe estamos de noraboa por este aniversario e querémolo celebrar o próximo
día 18 de Novembro, sábado, facendo unha pequena festa a que estades todos
invitados.
Ás 21:30h no Centro Comercial Gran Vía, na zona de restaurantes, estaremos
facendo das nosas, celebrando o aniversario e falando de todo este tempo que
vivimos xuntos.
Vémonos alí !!!
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>