Un evidente caso da esquizofrenia bipartita. Estes erros deberían correxirse
no futuro e asociación como GALPon deben ser altofalantes da realidade
existente entorno ao software libre. Paradoxicamente, noutras comunidades
gobernadas polo PSOE a aposta polo software libre é unha bandeira (véxase o
caso de Extremadura e Andalucía).
Galinux é un primeiro paso (cos erros xa expostos noutros debates) e debe
ser a nosa responsabilidade encauzar as actuacións.
O meu voto o terá aquel que prometa que a partires do 2 de Marzo toda a
documentación administrativa redactarase con SL.
Por certo que teño un cuñado que traballa no Sergas e adoita realizar
arquivos con macros para ligar documentos con bases de datos e cousas
similares. Penso que con OOo pódese realizar o mesmo traballo pero a
cuestión é. Cómo se pode pedir a un funcionario cunha ampla carreira que
descarte toda a súa formación anterior e acade unha nova sin un mínimo apoio
institucional?
2009/2/26 Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
A comunidade de software libre de Galicia, incluíndo a
usuarios,
programadores
e tradutores que a conforman, e tras o debate oportuno nas canles de
comunicación que nos son propias, coincidimos unanimemente na necesidade de
facer público o estupor e perplexidade que nos produce a nova feita
pública, o
día 23/02/09, pola Presidencia da Xunta de Galicia na que se di,
literalmente:
"O premio á promoción da realidade plurilingüe consiste nunha distinción
honorífica sen contido económico, e correspondeulle na súa primeira edición
á
empresa Microsoft, galardoada polo seu esforzo de xuntar a diversidade
lingüística coas novas tecnoloxías."[1]
O noso estupor non procede de que o galardón se conceda a unha compañía
privada, nin tampouco polo feito de que non valoremos a calidade ou esforzo
do
traballo realizado na adaptación ó galego dos produtos que Presidencia
menciona a continuación na nova. A nosa perplexidade refírese a que non
podemos comprender os motivos que levan ós gobernos balear, catalán, galego
e
vasco a outorgar o premio ó fomento ó plurilinguismos a unha empresa que
non
fomenta tal. Microsoft é unha empresa internacional que obtivo no ano
2008 uns beneficios de 60.700 millóns de dolares e que ben puidera ter
pagado
por si mesma a tradución completa dos seus produtos ó catalán, éuscaro e
galego, que en conxunto suman uns nada desestimables 14 millóns de
persosas,
un terzo da poboación española. Porén, as traducións dos seus produtos
foron
feitas por mediación dos gobernos locais, en determinados casos con
aportacións directas ou ben con outro tipo de incentivos, cando xa só en
concepto de licenzas Microsoft está a percibir millóns de euros anualmente
desas mesmas administracións gubernamentais. Caso máis importante é que no
caso de traducións de produtos de Microsoft que foron financiadas de xeito
público os recursos lingüísticos xerados durante a tradución, que son de
enorme valor, non foron postos a disposición pública. Tamén, as traducións
de
Microsoft Windows XP, Vista ou Office son traducións parciais e non inclúen
a
axuda, instalación ou outros elementos localizables. Para o catalán,
éuscaro e
galego, están concebidas como traducións subordinadas do español ou do
francés
no caso catalán; así que o usuario non ten libertade absoluta para instalar
o
soporte da súa lingua pois esíxeselle que teña determinadas versións dos
produtos Microsoft Windows e Office da versión española ou francesa.
Que Microsoft traduza e ofreza servizos nas linguas propias destas
comunidades
non repercute máis ca no propio beneficio da empresa que atendendo ás
necesidades lingüísticas dos seus usuarios, especialmente de tres do máis
importantes, as populosas administracións dos gobernos balear, catalán,
galego e vasco coas súas respectivas institucións locais, consegue
afianzarse, ó teren xa produtos coñecidos e que ostentan monopolios, neste
sector de mercado co efecto colateral de inhibir outras alternativas
libres que xa dispoñen destes servizos (tradución das interfaces gráficas e
correctores ortográficos ou gramaticais) a un custo nulo.
Así mesmo, a comunidade de tradución ó galego de software libre, síntese
dalgunha maneira agraviada pola concesión do galardón así
como seguramente se sintan as comunidade de tradutores de software libre do
éuscaro e catalán, cos que nos sentimos identificados e apoiamos nesta
mesma
causa. De xeito similar ó que acontece nas outras comunidades mencionadas,
en
Galicia lévase máis de dez anos traducindo software libre ó galego de xeito
anónimo, altruísta e comprometido. Neste tempo a nosa comunidade
conseguiu acadar, por exemplo, a tradución completa dos ambientes de
escritorio GNOME e KDE, as distribución Debian ou Ubuntu entre outras, o
entorno ofimático
OpenOffice.org e a suite Mozilla, os cales son todos
proxectos
que requiren un esforzo humano colosal. No seu conxunto, os produtos
actualmente traducidos constitúen unha alternativa libre, carente de
custo,
ós produtos da empresa galardoada. Ademais, se falamos de soporte
lingüístico, cremos que só o software libre ofrece igualdade de
oportunidade e
facilidades a tódalas linguas e para comprobar que é así non máis ca botar
unha ollada ó que o software libre chega. Como exemplos, o ambiente de
escritorio KDE tradúcese a un total de 103 linguas diferentes e GNOME a 110
linguas e as tradución non só se limitan ás maioritarias coma o Chinés ou o
Ruso senón que permite a tradución a calquera lingua, poñase por caso o
gaélico, o frisón ou o feroés, todas linguas minoritarias, pois o software
libre pode ser traducido libremente por calquera que o desexe. En
contraposición a isto, as linguas minoritarias non
teñen interese económico para empresas como Microsoft así que a efectos de
localización son ingnoradas por completo. Nin sequera se facilita a súa
tradución dun xeito externo á empresa como fai, por exemplo, Google con
algún
dos seus produtos.
Finalmente, a Consellería de Industria da man de
Mancomun.org, nos últimos
anos veu apoiando o software libre e a tradución ó galego dun xeito
decidido e
comprometido e expresión deste apoio son o plano PEGSI [2] e os encontros
de
tradutores G11N [3] así como que se conseguiran determinadas traducións,
coma
OpenOffice.org ou Mozilla. En conxunto, valoramos estes esforzos coma
positivos.
Por iso, ademais de polos motivos anteriores, apreciamos a concesión do
galardón, a suxestión da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coma un
xiro no Goberno na dirección oposta e incorrecta. Porén, confiamos e
desexamos
que a política futura do goberno galego avance apoiándose no software
libre e
erradicando manifestacións gratuitas e incoherentes coma esta.
[1]
http://novas.xunta.es/node/14062
[2]
http://www.sociedadedainformacion.eu/pegsi/presentacion.html
[3]
http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>
_______________________________________________
GALPon mailing list
GALPon(a)listas.galpon.org
https://listas.galpon.org/cgi-bin/mailman/listinfo/galpon
--
Linux User #468530 - Ubuntu User #21271
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx
Instale OpenOffice dende
,
é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes de
oficina, e está en continuo desenvolvemento."