Hoxe tiña eu un debate con usuario de mac e me decía que Ubuntu non era quen
de buscar verbas dentro de arquivos pdf ou de texto. A
historia é que en MAc
podo seleccionar unha carpeta e buscar os arquivos que conteñan unha
determinada verba dentro do seu contido.
A pregunta é. Podemos facer algo semellante en Ubuntu? Busquei en Google e
non atopei máis que a mesma pregunta nun foro de Venezuela.
Ben, esta é a lista de Galpon en Galicia, así de súpeto ocórreseme tirar un
pouco da liña de comandos:
find *cartafol* -name *.pdf | while read f ; do pdftotext -q $f - | grep "*
verba*" && echo " en ficheiro $f" ; done
e coa axuda de find, grep e pdftotext (creo que de serie nas ubuntu, e se
non no pacote poppler-utils) convertimos ó voo tódolos ficheiros *.pdf que
se atopen no *cartafol* recursivamente e filtramos para atopar os que teñan
a *verba* procurada e dicimos en que ficheiro foi atopada...
echo "Saúdos :)"
--
Rafa Couto -
http://caligari.treboada.net
GNU/Linux user #99126 -
http://counter.li.org