Non me iba a meter no asunto, pero apoio incondicionalmente a idea de Rafa.
Considero que se estamos a falar da creación dunha asociación no eido do
software libre, ésta debe ser consecuente con os seus principios. A
transparencia debe ser máxima.
Non considero oportuno que unha persoa interesada en calquer aspecto da nova
organización, se teña que informar a través dos seus representantes dos LUG's
ou o que sexa. Se ben esto se facía no pasado por temas loxísticos, hoxe en
día con as ferramentas que posuímos e algo totalmente antidemocrático e
anacrónico.
Por exemplo, eu estou moi contento con os meus representantes de Galpon, pero
pode ocurrir que outro grupo teña como representante algunha figura que
traballe únicamente polos seus propios intereses, e a participación de tódolos
interesados pode ser moi beneficiosa. Tamén é importante para que cada un se
faga as opinións directamente do que ocurre, sen o sesgo do seu representante.
Ou pode chegar ó caso en que o representante está ocupado e non pode informar
con toda a precisión necesara a cada un dos membros do seu grupo.
Por outra banda, dudo que o escoitar a opinión de persoas interesadas faga que
o proceso se convirta en "non operativo". Se non se chega a un acordo
consensuado, para eso existen as votacións. Ao contraro, coñeceranse máis
puntos de vista e haberá máis ideas.
Podemos observar como exemplo como se manexa o proxecto Debian. Despois de
algunha discusión, se é necesario procédese a votar os asuntos cando se
precisa. Se se precisa discutir algo en pechado por motivos realmente
importante faise nunha lista especial que será aberta un tempo despois, para
manter a transparencia.
O feito de ser aberta tamén axuda á cooperación. Isto ocórreme a min, podo
percibilo en Galpon como exemplo. Para que unha persoa se entere do que ocurre
na asociación é preciso que acuda as reunións ou que esté anotado na lista da
xunta. Alguén que se apunte á lista xeral non vai ver case ningunha actividade
e posiblemente non colabore por descoñecemento.
En definitiva, apoio o que di Rafa totalmente. Apertura total e identificación
de quen fala, para que non aparezan despois decisións curiosas sen
responsables. Debe ser posible esixir responsabilidades ao representante do
grupo propio en cuestión.
Se outros parlamentos asumiran estas ideas moito mellor nos iría ...
Em Segunda-feira, 13 de Abril de 2009, às 04:55:38, Miguel Bouzada escreveu:
2009/4/13 Rafa Couto <rafacouto(a)gmail.com>
Remito a xunta o resumo elaborado por Denís(GLUG)
da xunta de guls
celebrada en Santiago.
O xeito exacto de articular esta entidade (unha federación de
asociacións, unha nova asociación, un encontro
informal ou o que
remate por ser) está aberta a debate,
Entendo que unha confederación pode ser unha asociación nova que agrupa
ás outras, para con isto, ter personalidade xurídica para poder poñer
cousas a nome dela e evitar o feito de que mancomun era ou é "unha
pantasma" (de aí que a marca galinux se puxera a nome dun particular).
Con esta fin acordouse crear unha rolda de correo
pechada onde estarán
representados cada un dos colectivos interesados en participar no
proceso constituínte.
Penso que a lista pechada non é bo para manter transparencia e non
explicades a pretensión de facelo en pechado. Xa se discutira na actual
lista de GULS que se prefería en aberto e incluso algúns querían que non
só pertenceran os GULS.
Verás que se fala do proceso constituinte, non dun xeito de traballo
predefinido cara o futuro. Faise así (ou así o entendo eu) para cinguir as
opinións ós intereses das entidades que esten a prol da constitución do
"chamese/sexa o que se decida".
Como opinión persoal, as individualidades non deben estar presentes nunha
entidade deste tipo, xa que podería darse o caso de que houbera 7 (por
poñer) grupos/proxectos e 43 "non aliñados" o que faría deste "o que
sexa"
algo non operativo.
O que si creo é que debe ser con firmas GPG e sen
anónimos. Hai xente que
non está nas directivas e pode aportar cousas sen ser filtrados ou teren
que molestar a xunta directiva á que pertence (ou varias)...
Para iso estarán as listas de "o que sexa"
Sigo coas opinións personais...
Outra cousa será o "debate" dentro desa "entidade" que creo que debe
ser en
lista pechada é que, como é habitual no noso contorno, terán en conta
tódalas aportacións, cheguen de onde cheguen. Aínda que en caso de
conflicto terán predominancia as aportacións encamiñadas ó través dos
grupos/proxectos integrantes.
Ademáis de que non se pode asegurar
"confidencialidade" e poría unha man
que sairán correos reenviados cando interese. Tamén está que os que
apareceron en nome de GULS é moi posible que non estean autorizados pola
súa directiva, e algúns guls puideron ir a xuntanza...
Nesta xuntanza "informal" non habia restriccións de ningún tipo, se vos
fixades habia tres persoas do noso grupo que (por operatividade) decidimos
que cada un falase como integrante dun grupo/proxecto no que colabora.
Agora xa terá que ser cada grupo/proxecto o que "faga oficial" o/s seu/s
representante/s.
Nada do que se falou e "vinculante" e pode darse o caso de que
grupos/proxectos que estaban presentes (que non representados) non se
engadan ó "que sexa" e que grupos/proxectos que por calquera razón non
tiñan a ningún menbro alí presente si se apunten a este intento de
colaboración.
Respecto a confidencialidade, ven de dimitir o (ou un) xefe de policia
britanica ... todos sabemos que a confidencialidade ven da confianza...
> Saúdos, RC
>
> --
> Rafa Couto -
http://caligari.treboada.net
> GNU/Linux user #99126 -
http://counter.li.org
>
> _______________________________________________
> GALPon mailing list
> GALPon(a)listas.galpon.org
>
https://listas.galpon.org/cgi-bin/mailman/listinfo/galpon