Todos aqueles socios e socias de GALPon que queiran asistir a Festigal 2006
terán o desprazamento e a comida gratis como agradecemento á labor de apoio
que realizaremos no stand da "Galería do Software Libre".
Aconséllase ir como mínimo 3 persoas por coche ou ir en transporte público ;-)
Eu irei o luns e o martes. Se alguén se quere apuntar, que avise.
Un cordial saúdo,
El Sábado, 22 de Julio de 2006 18:17, Carlos Rodriguez escribió:
---------- Mensaje reenviado ----------
Subject: GALPon presente en Festigal 2006
Date: Sábado, 22 de Julio de 2006 15:25
From: "Rafa Couto" <rafacouto(a)gmail.com>
To: "Gabinete de Prensa GALPon" <prensa(a)galpon.org>rg>, "Lista
galpon"
<galpon(a)listas.galpon.org>
GALPon presente en Festigal 2006
GALPon estará por terceiro ano consecutivo no Festigal participando con
outras asociacións para promocionar o software libre. As xornadas, co
motivo do día da nación, serán os días 24 e 25 de xullo no Campus Sul da
Universidade da capital.
A organización do Festigal 2006 [1] habilitou o caixón expositor "Galería
do software libre" que compartirán GALPon (Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra), AGNIX (Usuarios de Gnix), Compostela Wireless e Mancomun-Org.
Ofrecerase información relacionada co software libre en xeral, e
particularmente, das actividades que as asociacións galegas están a
desenrolar nas catro provincias.
Por outra banda, a xuntanza das asociación permite o intercambio de ideas e
relación no ámbito galego. En día tan sinalado, compártense sensacións para
normalizar o uso do software libre ós niveis particular, empresarial e a
administración. Neste último, cabe destacar o impulso que a Xunta quere
darlle o software libre na administración, tra-lo éxito que veñen tendo
outras comunidades como a extremeña [2] ou andaluza [3], que xa dispoñen
dende hai tempo das súas propias distribucións de GNU/Linux.
- [1] Festigal 2006 <http://www.festigal.com/>
- [2] gnuLinEx (GNU/Linux de la Junta de
Extremadura)<http://www.linex.org/> - [3] Guadalinex (GNU/Linux de la
Junta de
Andalucía)<http://www.guadalinex.org/>
Etiquetas: festigal, software libre, galiza.
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>