A ver si alguén ten unha resposta a unha dúbida:
Levo varios días probando en duas Toshiba Satellite, unha 4300 de
resolución 1024x768, driver "savage" e unha 4090 de resolución 800x600
con driver "trident".
Ambolosdous bastante rabelos en Linux, pero gracias a SanGoogle e a
Xvidtune, en Knoppix, Etch+KDE, Mepis-Lite (Sarge+KDE) consigo
configurar esos drivers coas resolucións correctas. En todolos casos
(excepto, obviamente, coa Etch+KDE que non é Live) tanto na funcion
"Live" como unha vez instalados no ríxido.
En Ubuntu, derivadas K e X, outras derivadas como as novas Mepis,
Linux Mint, Guadalinex, etc... pasa olímpicamente da configuración de
xorg.conf e saca sempre a resolución máis baixa, 640x480 nun e 800x600
noutro.
Emprega Ubuntu algunha outra "ferramenta" para a configuración de escritorio ?
Son máquinas do GRUVI e seguindo as "normas" sería conveniente
instalar Xubuntu, de ahí a miña pregunta.
Miguel Bouzada